Cover Image
Compartir este registro

Acta de sesión 2002/11/29_Ordinaria

Institution: Arquivo Deputación de Pontevedra
Signature: 2002-11-29_Ordinaria
Author/Creator: Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral
Description: 1 acta de sesión
Format: Item
Language: Galician
Published/Created: 2002-11-29
Summary: Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 29 de novembro de 2002 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintenove de novembro do ano dous mil dous, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. Juan Luis Pedrosa Fernández, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo nin D. Henrique Viéitez Alonso, quen excusan a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días señoras e señores Deputados, medios de comunicación, vamos a comeza-lo desenvolvemento da orde do día do Pleno ordinario correspondente ó mes de novembro. 1.4799.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de outubro de 2002. ¿Algo que alegar sobre a acta?. Apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de outubro de 2002. ------ Folla: 2.4800.- ACEPTACIÓN DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE CANGAS Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL Sr. Presidente.- Punto número dous. Aceptación de adhesión do Concello de Cangas ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. Ben, o Concello de Cangas, como viron no expediente, solicitou adherirse ó Convenio de colaboración catastral; foi aprobado polo Consello de Administración do ORAL de data 14-11-2002 aceptar esta petición, e polo tanto sométese ó Pleno a ratificación e a aprobación de que o Concello de Cangas se adhira ó Convenio en canto ó que significa a colaboración catastral. ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos polo tanto á votación. Ratificar e aceptar. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL, adoptado en sesión celebrada o 14 de novembro de 2002, polo que se acepta a petición do Concello de Cangas de adhesión ó Convenio de colaboración en materia catastral subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001, solicitada por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Cangas en sesión ordinaria celebrada o día 17 de outubro de 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda acorda por unanimidade ratifica-lo referido acordo do Consello de Administración do ORAL, aceptando a adhesión do Concello de Cangas ó Convenio de Colaboración en materia de Xestión Catastral. ------ Folla: 3.4801.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2002 DO PADROADO DO MUSEO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número tres. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado do Museo Provincial. Ten a palabra o Sr. Vicepresidente económico. Sr. Pedrosa Fernández.- Si. Gracias, Sr. Presidente. Buenos días. Bien, este es el expediente de suplemento de crédito nº 1 de 2002 del Museo Provincial, por un importe de 90.000 euros, todo él será financiado con cargo al remanente de Tesorería procedente de la liquidación del presupuesto del Patronato del ejercicio de 2001. Son 90.000 euros y todo dedicado a adquisición de obras de arte. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?. Non hai. Procedemos á votación polo tanto do punto tres. Expediente de suplemento de crédito primeiro do 2002, do Padroado do Museo Provincial. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Tampouco. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado do Museo Provincial, por un total de 90.000,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do Presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade prestar aprobación ó expediente aplicando os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: -02/845-454-681.01 - Obras de arte 90.000,00 Euros TOTAL 90.000,00 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -02/845-870.01 - Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito / 90.000,00 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 4.4802.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2002 DO PADROADO DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "FOGAR PROVINCIAL" Sr. Presidente.- Punto número catro. Expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". Sr. Vicepresidente. Sr. Pedrosa Fernández.- Si, gracias, Sr. Presidente. Bien, este es el expediente nº 1/2002 de suplemento de crédito por un importe de 56.395,78 euros, todo él financiado con cargo a remanentes de Tesorería de la liquidación del presupuesto del Patronato del ejercicio de 2001. El reparto sería el siguiente: para conservación de edificios 28.895,78 euros; para comunicaciones telefónicas 4.500 euros; para actividades del alumnado 3.000 euros; para material didáctico 12.155,59 euros y para mejora de edificios 7.844,41 euros. Eso suma un total de 56.395,78 euros. Sr. Presidente.- Gracias. ¿Algunha intervención?. Procedemos á votación polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2002 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", por un total de 56.395,78 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería, procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda acorda por unanimidade prestar aprobación ó expediente aplicando os gastos a financiar ás partidas e polos importes que a continuación se detallan: -02/843-422-212.00 Conservación edificio 28.895,78 Euros -02/843-422-222.00 Comunicacións telefónicas 4.500,00 Euros -02/843-422-226.18 Actividades do alumnado 3.000,00 Euros -02/843-422-226.22 Material didáctico 12.155,59 Euros -02/843-422-623.03 Mellora de edificios 7.844,41 Euros TOTAL 56.395,78 Euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2001, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto -02/843-870.01 - Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito / 56.395,78 Euros Dito expediente exporase ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles. ------ Folla: 6.4804.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO EP 4304 MEIROL - ENLACE AUTOVÍA (MONDARÍZ)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número seis. Aprobación inicial do proxecto "Mellora de trazado e pavimento da EP 4304 Meirol-Enlace Autovía (Mondaríz)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Trátase dunha estrada financiada con fondos propios. O total do presuposto son 298.300 euros, dos cales para a obra civil destínanse 255.000 euros e para expropiacións 42.500 euros. Trátase en síntese de mellora-lo cruce de Fontán e inicio da variante de Mouriscados. Como toda a documentación estivo no expediente e supoño que a viron, eu non me extendo máis neste tema. ¿Algunha intervención ó respecto?. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o proxecto "Mellora de trazado e pavimento EP 4304 Meirol-Enlace Autovía (Mondaríz)", pertencente a fondos propios 2002, que conta cun presuposto para coñecemento da Administración de 298.348,04 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 255.821,88 Euros, e expropiacións por importe de 42.526,16 Euros; vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511-612.02 para a execución da obra e para as expropiacións que conleva; e emitíndose o 15-11-02 informe polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur sinalando que, executada a 1ª fase (POL 2000) e estando en execución a 2ª (Fondos Propios 2001), apremia a execución da 3ª fase, é dicir do proxecto "Mellora de trazado e pavimento EP 4304 Meirol-Enlace Autovía (Mondaríz), pertencente a Fondos Propios 2002, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, acorda por unanimidade: 1º.- A aprobación inicial do proxecto "Mellora de trazado e pavimento EP 4304 Meirol-Enlace Autovía (Mondaríz)", pertencente a Fondos Propios 2002, que conta cun presuposto para coñecemento da Administración de 298.348,04 Euros, IVE engadido, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 255.821,88 Euros, e expropiacións por importe de 42.526,16 Euros. 2º.- A exposición pública do proxecto e do expediente expropiatorio que conleva por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente o proxecto, de forma automática, no caso de non producirse as mesmas. 3º.- A declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación, con base no informe técnico de 15-11-02. 4º.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por tal obra. 5º.- A motivación da urxencia que se solicita en base ó informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur de 15-11-02, no que sinala a imperiosa necesidade de acometer tal obra, que constituirá unha 3ª fase da "EP Meirol-Enlace Autovía", toda vez que xa se executou a 1ª fase, pertencente ó POL 2000, e está en execución a 2ª fase, pertencente a Fondos Propios 2001. ------ Folla: 7.4805.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "MELLORA EP 2906 OS VALOS - GUIZÁN (MOS)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número sete. Aprobación inicial do proxecto "Mellora EP 2906 Os Valos-Guizán (Mos)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. En síntese tamén trátase de mellora-lo enlace coa N-550, mellora-la estrada porque ten un tráfico pesado importante e sobre todo por estar cercana a un parque industrial, á parte deso unha grande densidade de tráfico polo acceso ó aeroporto de Peinador. Finánciase con fondos propios por un importe de 165.000 Euros, dos cales van destinados 110.000 Euros, segundo proxecto, a obra civil e a expropiacións 54.500 Euros. ¿Algunha intervención?. Si. Sr. Pazos. Sr. Pazos Docampo.- Si, compartindo a necesidade da obra, unha observación, e é que a estrada provincial 2906 vai dende Redondela a Mos e o proxecto sitúao integramente en Mos, é dicir que a estrada vai dende Redondela a Mos e o proxecto ten un erro que sitúa toda a obra no Concello de Mos cando a estrada vai dende Os Valos, que é Concello de Redondela, a Mos, e o proxecto fai unha divisoria intramunicipal que nos sitúa toda a estrada en terreos de Mos. É unha observación. Non hai problema. Imos apoiala. Sr. Presidente.- Moi ben. Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Votamos polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Como queira que o proxecto "Mellora EP 2906 Os Valos-Guizán (Mos)", que conta cun presuposto para coñecemento da Administración de 164.847,49 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 110.432,00 Euros, e capítulo de indemnizacións por importe de 54.415,49 Euros, suporá unha mellora de tal vial, que na actualidade presenta unha aglomeración de tráfico de gran tonelaxe; vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511.612.02 para a execución da obra e para as indemnizacións que conleva; e emitíndose o 15-11-02 informe polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, motivando a urxencia do expediente expropiatorio a tramitar, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1º.- A aprobación inicial do proxecto "Mellora EP 2906 Os Valos-Guizán (Mos)", cun presuposto para coñecemento da Administración de 164.847,49 Euros, IVE engadido, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 110.432,00 Euros e indemnizacións por importe de 54.415,49 Euros. 2º.- A exposición pública do proxecto e do expediente expropiatorio que conleva, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente o proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3º.- A declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación, con base no informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur o 15-11-02. 4º.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados por tal obra. 5º.- A motivación da urxencia que se solicita para o expediente expropiatorio que conleva a obra, en base ó informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur de 15-11-02, no que sinala a apremiante necesidade de acometer unha mellora de tal vial para garantiza-la seguridade e fluidez do tráfico nunha zona de elevada densidade de tráfico de grande tonelaxe, por ubicarse nas súas proximidades unha zona de solo semi industrial. ------ Folla: 8.4806.- RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO "TERMINACIÓN DO ENSANCHE DA EP 9501 DENDE A EP 9305 Á PONTE DO RÍO UMIA". APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO E DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS AFECTADOS Sr. Presidente.- Punto número oito. Resolución de alegacións presentadas ó proxecto "Terminación do ensanche da EP 9501 dende a EP 9305 á Ponte do río Umia". Aprobación definitiva do proxecto e da relación de propietarios afectados. Bueno, en síntese, non vou a ler loxicamente todo o expediente, trátase de dous veciños que presentaron dúas alegacións, neste caso estímanse parte das alegacións presentadas, unha en canto á titularidade, que en vez de ser titular o marido, era a esposa, e logo unha serie de reposicións que alegaban e que xa están contempladas no proxecto repoñerlle os bens afectados. Se alguén quere intervir neste respecto doulle a palabra. Non hai intervencións. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Aprobándose inicialmente o proxecto de "Terminación do ensanche da EP 9501, dende a EP 9305 á ponte do río Umia (Ribadumia)", con presuposto para coñecemento da Administración de 29.764,73 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 26.227,60 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 3.537,13 Euros, en virtude de acordo plenario da Excma. Deputación Provincial de 27-09-02; expoñéndose ó público, por prazo regulamentario, o referido proxecto técnico e o expediente de expropiación que conleva en virtude de edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 201 de 18-10-02; vistas as alegacións presentadas en tal período de información pública, e os informes técnicos evacuados polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, con datas 7, 8 e 18 de novembro do ano en curso, así como o informe emitido pola Xefa da Sección de Vías e Obras o día 8 do mesmo mes, o Pleno acorda por unanimidade aprobar: 1º.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto da obra "Terminación do ensanche da EP 9501, dende a EP 9305 á ponte do río Umia (Ribadumia)", polos propietarios que a continuación se relacionan e no sentido que así mesmo se detalla: · Finca A. Propietaria: Dona María Sila Abal Vázquez. Estimar parcialmente a alegación formulada pola citada propietaria, no sentido de proceder á corrección do titular da propiedade da parcela A, tendo por personada no expediente expropiatorio e por "propietaria" a Dona María Sila Abal Vázquez (DNI nº 35230959), con domicilio en Figueira, nº 7, Ribadumia, no lugar de D. José Martínez Chantada, esposo da reclamante, con base á documentación que acompaña á súa alegación. Estimar parcialmente a citada alegación, en canto á perda de arbolado por causa da afección da súa finca e de dúas cepas de albariño sen prexuízo de comprobación pormenorizada "in situ" no momento procedimental do levantamento da Acta Previa á Ocupación. Desestimar parcialmente tal alegación, en canto a que os deméritos declarados pola alegante, segundo informe de 08-11-02 do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, deberán argumentarse na fase procedimental oportuna, é dicir, en fase de xustiprezo, e en canto á que o valo, caseta, instalación eléctrica e de auga, así como anclaxe da viña, serán repostos por esta Excma. Deputación Provincial, como contempla o proxecto técnico da obra. Desestimar parcialmente a referida alegación, en canto á pretensión de Dona María Sila Abal Vázquez de suspensión do expediente expropiatorio por suposto quebranto dos seus dereitos elementales, toda vez que, como expón o informe de 08-11-02 da Xefa de Sección de Vías e Obras, existe proxecto técnico concreto da obra a realizar e instruiuse o correspondente inicio do expediente expropiatorio, seguindo os trámites regulamentarios de aprobación do proxecto, exposición pública e audiencia ós interesados, sendo este, a teor do art. 10-1º da Lei de Expropiación Forzosa e complementarios do seu Regulamento, o momento procedimental adecuado para rectificar calquera erro na identificación de propietarios ou descripción de bens afectados. · Finca B. Propietario: D. Alvaro Martínez Prado. Desestimar parcialmente a alegación do referido propietario, toda vez que, con base no informe técnico de 18-11-02, o trazado proxectado nesta obra de "Terminación do ensanche da EP 9501" segue a traza dos tramos anteriores do vial xa ensanchados, e que o valo afectado será obxecto de reposición por esta Excma. Deputación Provincial. Desestimar parcialmente tal alegación, en canto a que non se constata existencia de ningún tilo, nin camelio na zona de ocupación, e en canto a que nos 34,830 m2 de terreo afectado, segundo descripción do proxecto técnico, inclúense xa 22 m2 de viñedo, sendo esta a única superficie de viña afectada. Estimar parcialmente a alegación do citado titular da Parcela B, en canto ó recoñecemento da afección dunha edificación (galpón rehabilitado), nunha superficie de 6,88 m2 aproximadamente, se ben como sinala o informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Norte, con data 18-11-02, deberá requerirse ó propietario o permiso concedido por este organismo provincial para tal rehabilitación de galpón. 2º.- A aprobación definitiva do proxecto de "Terminación do ensanche da EP 9501, dende a EP 9305 á ponte do río Umia (Ribadumia)", con presuposto para coñecemento da Administración de 29.764,73 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 26.227,60 Euros, e capítulo de expropiacións por importe de 3.537,13 Euros. 3º.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o detalle que se expón a continuación: · Parcela A. Propietaria: Dona María Sila Abal Vázquez, con domicilio en Figueira, nº 7, Ribadumia. BENS AFECTADOS 142,85 m2 de terreo. Arbolado: 1 ud. de palmera, 1 ud. de nogal, 1 ud. de ciprés, 1 ud. de castaño, 1 ud. de cereixo, 1 ud. de magnolio, 1 ud. de olivo, 2 ud. de acebos maduros e 2 ud. de acebos xoves. Arbustos e plantas: 3 ud. de mirto, 2 ud. de laurel, 3 ud. de boj, 4 ud. de enredadeira, 4 ud. de rosal, 9 ud. de hortensia e 1 ud. de azalea. Seto: 17 metros lineais de seto. Valo de perpiaño: Reposición pola execución da obra. Caseta de can: Reposición pola execución da obra. Anclaxe viña: Reposición pola execución da obra. Instalación acometida de auga e augas pluviais: Reposición pola execución da obra. Instalación eléctrica: Traslado en execución de obra. · Parcela B. Propietario: D. Alvaro Martínez Prado, con domicilio en Gondes, nº 9, Meis. BENS AFECTADOS 34,830 m2 de terreo, incluídos 22 m2 de viñedo. Valo. Reposición pola execución da obra. 4º.- A necesidade de ocupación dos bens afectados, reseñados no punto anterior, coas modificacións descritas. Contra o presente acordo os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir da notificación do presente acordo, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo e perante os órganos que determinan os artigos. 8 e seguintes e artigo 46 da Lei da Xurisdicción Contencioso - Administrativa. ------ Folla: 9.4807.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO "MELLORA EP 4202 RUBIOS - CARRASQUEIRA (AS NEVES)". EXPOSICIÓN PÚBLICA. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA E NECESIDADE DE OCUPACIÓN. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DE DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número nove. Aprobación inicial do proxecto "Mellora EP 4202 Rubios-Carrasqueira (As Neves)". Exposición pública. Declaración de utilidade pública da obra e necesidade de ocupación. Solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Trátase tamén de mellorar esta estrada con fondos propios por un importe de 1.332.000 Euros dos cales van destinados a obra civil 1.237.400 Euros e a expropiación 95.500 Euros. ¿Algunha intervención ó respecto?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o proxecto "Mellora EP 4202 Rubiós - Carrasqueira (As Neves)", pertencente a Fondos Propios 2002, que conta cun presuposto para coñecemento da Administración de 1.332.878,96 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.237.398,09 Euros, e expropiacións por importe de 95.480,87 Euros, e que se financiará por anualidades, 228.768,77 Euros con cargo á anualidade de 2002, incluídas as expropiacións, e 1.104.110,19 Euros con cargo á anualidade de 2003; vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 02/511.511-612.02 para a execución da obra e para as expropiacións que conleva; e de conformidade co informe técnico emitido o 15-11-02 polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras acorda por unanimidade: 1º.- A aprobación inicial do proxecto "Mellora EP 4202 Rubiós-Carrasqueira (As Neves)", pertencente a Fondos Propios 2002, que conta cun presuposto para coñecemento da Administración de 1.332.878,96 Euros, desglosado en presuposto de execución por contrata por importe de 1.237.398,09 Euros, e expropiacións por importe de 95.480,87 Euros, e que será financiado por anualidades, 228.768,77 Euros con cargo á anualidade de 2002, incluídas as expropiacións, e 1.104.110,19 Euros con cargo á anualidade de 2003. 2º.- A exposición pública do proxecto e do expediente expropiatorio que conleva, por prazo de quince días hábiles, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente o proxecto, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3º.- A declaración de utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens e terreos afectados por tal obra. 4º.- A solicitude á Xunta de Galicia de declaración de urxente ocupación dos bens afectados. 5º.- A motivación da urxencia que se solicita en base ó informe do Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur de 15-11-02, no que sinala a imperiosa necesidade de acometer tal obra para correxi-la excesiva sinuosidade da actual traza, que xera un grave perigo para o tráfico rodado e os viandantes, máxime cando xa se executaron as fases anteriores de mellora de tal vial. ------ Folla: 10.4808.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 194 DO CONCELLO DE BAIONA DO POL/2002 Sr. Presidente.- No punto número dez hai o cambio de aplicación da obra número 194 do Concello de Baiona do POL/2002. Ben, o Concello de Baiona en concreto pediu cambia-la obra de alcantarillado en Baredo incluída no POL/2002 por un importe de 82.796 Euros e cambiala pola obra complementaria que tiña o mesmo Concello, que é o alcantarillado en Bahiña. Por igual presuposto e igual programa de financiamento. O Ministerio de Administracións Públicas autorizou este cambio, e polo tanto sometémolo ó Pleno para que lle dea o visto e prace a este cambio que foi aprobado polo Ministerio, pero indudablemente quen aprobou o POL foi o Pleno da Deputación e polo tanto corresponde ó Pleno da Deputación aprobar definitivamente este cambio de obra. ¿Algunha intervención?. Procedemos polo tanto á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo cambio de aplicación da obra nº 194, denominada "Alcantarillado en Baredo", incluída no POL/2002, do Concello de Baiona, por importe de 82.796,99 Euros, á obra do Plan Complementario "Alcantarillado en Bahiña", no mesmo termo municipal e por igual presuposto e programa de financiamento, á que o MAP lle asigna o nº 280. ------ Folla: 11.4809.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 121 DO CONCELLO DE MOS, DO POL/2001 E DO FINANCIAMENTO DA COMPLEMENTARIA PROPOSTA Sr. Presidente.- No punto número once hai un cambio de aplicación tamén doutra obra do Concello de Mos correspondente ó POL/2001 e do financiamento da complementaria proposta. Trátase do mesmo tema, pero posto que é unha obra que implica máis financiamento, o Concello comprométese a este maior financiamento e tamén o Ministerio de Administracións Públicas aprobou o cambio e neste sentido sométese ó Pleno, que foi quen aprobou o plan, este cambio de aplicación. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos polo tanto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo cambio de aplicación da obra nº 121, denominada: "Saneamento Tameiga, Petelos e Sanguiñeda", do Concello de Mos e incluída no POL/2001, pola obra nº 48, denominada "Abastecemento de auga en Santiaguiño-Zona Industrial", do Plan Complementario (ano 2001), tendo en conta que o importe "Aportacións Nacional MAP" será absorbido polo Concello. En consecuencia, a totalidade da axuda FEDER figurará en "FEDER Corporacións Locais". O financiamento queda como segue: FEDER (Administración Local) 107.084,93 Euros Deputación 24.247,08 Euros Concello 21.646,46 Euros TOTAL 152.978,47 Euros ------ Folla: 12.4810.- MODIFICACIÓN DO PRESUPOSTO DO POL/2002 POR VARIACIÓN DAS APORTACIÓNS DAS OBRAS NÚMEROS 212 E 214 CORRESPONDENTES ÓS CONCELLOS DE MOS E NIGRÁN, RESPECTIVAMENTE Sr. Presidente.- Punto número doce. Modificación do presuposto do POL/2002 por variación das aportacións das obras números 212 e 214 correspondentes ós Concellos de Mos e Nigrán respectivamente. É exactamente o mesmo problema. Polo tanto sería redundar no mesmo. Está co visto e prace do Ministerio de Administracións Públicas e polo tanto correspóndelle ó Pleno aprobar este cambio e esta variación de aportacións que asumen os Concellos. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade aproba-lo incremento do financiamento da obra nº 212, denominada: "Colector saneamento en Soutonovo-Guizán", incluída no POL/2002, do Concello de Mos, cunha maior aportación municipal de 9.451,05 Euros, como gasto non elixible por incrementa-lo presuposto da obra de 61.940,30 Euros a 71.391,35 Euros, quedando o financiamento da citada actuación como segue: FEDER (MAP) 5.989,62 Euros FEDER (Admón. Local) 37.368,58 Euros MAP 2.564,32 Euros Deputación 9.817,53 Euros Concello 6.200,25 Euros Concello (Gastos non elixibles) 9.451,05 Euros TOTAL 71.391,35 Euros Así mesmo apróbase o cambio de financiamento da obra nº 214, denominada: "Saneamento Rúa Lameiro, Arroyo, Agolada e 1ª Trav. Lameiro-Agolada", incluída no POL/2002 do Concello de Nigrán, por importe de 116.500,00 Euros, que asumirá a aportación estatal que ascende a 4.823,10 Euros, por ser adxudicada con posterioridade ó 1 de outubro do 2002. Como consecuencia o financiamento da obra queda como segue: FEDER (Administración Local) 81.550,00 Euros Deputación 18.465,24 Euros Concello 16.484,76 Euros TOTAL 116.500,00 Euros A aportación FEDER desta obra corresponde consecuentemente na súa totalidade a "FEDER Corporaciones Locales". ------ Folla: 13.4811.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN NO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA Sr. Presidente.- Punto número trece. Designación de representantes da Deputación no Consorcio Audiovisual de Galicia. Recibimos un escrito instando a que se nomeasen por parte da Deputación Provincial dous representantes no Consorcio Audiovisual de Galicia, que firmamos os catro Presidentes das Deputacións así como a Xunta de Galicia, e que está aberto a que outras entidades públicas e privadas poidan tamén adherirse a este consorcio segundo os Estatutos. E con toda a urxencia se nos convocou e polo tanto tráese a ratificar a Resolución da Presidencia na que resolve propoñer para o Consorcio Audiovisual de Galicia a D. Juan Luis Pedrosa como titular, Vicepresidente desta Deputación Provincial, e a D. Jesús Mª Fernández Portela como suplente. Polo tanto sométese a votación a ratificación desta Resolución da Presidencia, repito que tiven que toma-la decisión por urxencia do Conselleiro correspondente, neste caso de Cultura, e a proposta que fai esta Presidencia son estes dous representantes que acabo de enumerar. Votamos polo tanto esta ratificación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Apróbase por maioría. O Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do Grupo Popular e do Grupo Socialista e coa abstención do BNG, ratifica-la seguinte Resolución Presidencial de data 14 de novembro de 2002: "Dada conta do escrito do Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura sobre designación de representantes titular e suplente desta Deputación no Consorcio Audiovisual de Galicia (número de Rexistro de Entrada 025523 de 14/11/2002, ó abeiro do disposto no Decreto 294/2002 de 17 de outubro, artigo 7º, apartado d). RESOLVO por razóns de urxencia ó estar fixada a constitución do devandito Consorcio para o vindeiro xoves, día 21 de novembro, designar a D. Juan Luis Pedrosa Fernández, Vicepresidente desta Deputación, como titular, e a D. Xesús Mª Fernández Portela, Deputado Provincial, como suplente. Desta Resolución darase conta no vindeiro Pleno que se celebre para a súa ratificación." ------ Folla: 14.4812.- MOCIÓN DO GRUPO SOCIALISTA EN RELACIÓN COS ESTATUTOS DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS Sr. Presidente.- Punto catorce. Moción do Grupo Socialista en relación cos Estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. Ten a palabra o Sr. Santiago que foi o propoñente desa Moción. Sr. Santiago Novas.- Gracias, Sr. Presidente. Bos días. Paso a le-la Moción que na súa exposición de motivos di o seguinte: A modificación dos Estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés, asumida pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, recolle no seu artigo 21, b), contribucións ó Consorcio e gastos financeiros, unha aportación económica para gastos anuais de funcionamento da Xunta de Galicia 46,79%, Deputación Provincial de Pontevedra 46,79% e Concello de Vilagarcía 6,42%. A aportación económica a realizar polo Concello de Vilagarcía segundo os mesmos Estatutos son consecuencia da súa poboación, posto que ó ser un municipio de máis de 20.000 habitantes debe de presta-lo servicio de extinción de incendios. En sesión plenaria da Deputación Provincial de Pontevedra celebrada o 22 de marzo de 2002 apróbase cos votos a favor do Partido Popular a modificación dos Estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, Estatutos que contemplan unha aportación económica para gastos de funcionamento de Xunta de Galicia 50%, Deputación de Pontevedra 50%. Quedan exentos de aportación os Concellos de Lalín e da Estrada, ámbolos dous con poboación superior ós 20.000 habitantes. Semella clara a contradicción dos grupos de goberno autonómico e provincial do Partido Popular na aplicación do criterio de poboación seguido en ámbolos dous casos. Por todo o anteriormente exposto propoñemos ó Pleno a adopción dos seguintes acordos: 1º.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra asuma o 50% dos gastos de funcionamento do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés; e 2º.- Instar á Xunta de Galicia ós efectos de eleva-la súa aportación ata o 50% para o mesmo fin que o punto anterior e a segui-lo mesmo criterio adoptado para as Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. O que estamos a dicir é que se produce unha discreccionalidade en canto ó criterio a aplicar en ámbolos dous Consorcios. En canto ó Consorcio da Comarca do Salnés o que se fai é introducir nos propios Estatutos do Consorcio unha aportación do Concello de Vilagarcía que se xustifica segundo din os mesmos Estatutos e leo literalmente, as aportacións ós gastos de funcionamento por parte do Concello de Vilagarcía de Arousa son consecuencia da súa poboación, posto que ó ser un municipio de máis de 20.000 habitantes debe presta-lo servicio de extinción de incendios de acordo co disposto no artigo 26.c) da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local e no artigo 81.c) da Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia. Non intentamos reproduci-lo que foi o debate plenario do 22 de marzo onde se debatiu e onde se someteron a votación os Estatutos de ámbolos dous Consorcios, porque entre outras cousas creo que quedou bastante claro que tódolos grupos confluían en canto non é a situación e a solución idónea para presta-lo servicio contra incendios. Argumentaba incluso o voceiro do Partido Popular que esta era unha situación que se derivaba dunha experiencia piloto, pero en todo caso creo que tódolos grupos coincidíamos en que había que afrontalo dunha forma integral, global, para darlle un tratamento a nivel de provincia. Insisto que non quero reproducir ese debate, e ese é o sentido da Moción, é que debemos tratar de corrixi-lo que é un agravio comparativo entre ámbolos dous Consorcios. Porque de feito nos Estatutos do Consorcio de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, non se contempla este condicionante de poboación. Porque se o contemplara, tanto Lalín coma A Estrada estarían obrigados a facer unha aportación ó Consorcio e de feito non a fan. Eu propoño para concentra-lo debate porque na Comisión Informativa se esgrimiu algún argumento que non vén reflexado nos Estatutos, que nos centremos no que establecen os propios Estatutos, porque eso é o que se pretende, modifica-los Estatutos, e o que se pretende é ou ben retirar este parágrafo do Consorcio da Comarca do Salnés ou ben incluilo nos Estatutos do Consorcio de Deza e de Tabeirós. E eso é o que se pretende, un trato uniforme a ámbolos dous Estatutos. E á parte de que non ten xustificación, hai que entender que este parágrafo e este condicionante o que ten é unha repercusión económica para Vilagarcía e máis exactamente para os veciños de Vilagarcía. Polo tanto solicitamos na Moción que se corrixa eso. E entendemos que é prioritario, independentemente de que este tema se está falando a nivel de FEGAMP e a outros niveis para darlle unha solución global. Entendemos que é prioritario que se corrixa esta discriminación e nós propoñemos que sexa a Deputación e a Xunta de Galicia quen asuman ó 50% os gastos de funcionamento do Consorcio do Salnés e que se inste á Xunta para que faga loxicamente a aportación correspondente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Santiago. Ten a palabra o Vicepresidente D. Rafael Louzán. Sr. Louzán Abal.- Gracias, Sr. Presidente. Bueno, para empezar quizais polo último apartado onde o Sr. Santiago Novas dicía que non había argumentos para esto. Eu lle teño que dicir de que existen dous parques na actualidade en funcionamento, un é o da Comarca do Deza-Terra de Montes e Tabeirós e outro o do Salnés. Se partimos desa base na Comarca do Deza-Terra de Montes e Tabeirós existe un só parque para unha poboación practicamente similar, estamos falando de 80.000 persoas, cunha dispersión aínda superior á da Comarca do Salnés, porque non hai que olvidar dende Cerdedo ata o límite de Rodeiro ou de Agolada a distancia que aí temos. Polo tanto, as circunstancias xa non son as mesmas, non estamos falando da mesma situación. Concretamente na Comarca do Salnés existen dous parques, porque así se decidiu no seu momento co acordo do Concello de Vilagarcía, para a creación dun subparque, ou dunha subbase por así chamalo, que está en Vilagarcía. E dicir tamén, ó mesmo tempo, que tódolos Concellos da Comarca do Salnés foron solidarios con Vilagarcía, porque o normal é que existise un só parque, que neste caso se decidiu que estivera en Ribadumia, para que estivera centrado en toda a Comarca. Pero ó mesmo tempo, os demais Concellos foron solidarios con Vilagarcía, aportaron o 20% para a construcción do parque de Vilagarcía. Á parte do parque central aportaron para colaborar co de Vilagarcía, e por exemplo Concellos coma o de Sanxenxo ou o Grove, que están no outro extremo, foron solidarios, aportaron a súa cantidade e están de acordo realmente en que se fixera o parque de Vilagarcía. ¿Que quere dicir esto?. Que estamos falando de situacións totalmente distintas, e estamos falando dunha polémica na que os únicos prexudicados realmente son os cidadáns de Vilagarcía porque podían ter un parque en funcionamento e non o van a ter por unha polémica, creada polo grupo de goberno de Vilagarcía e neste caso polo seu Alcalde, innecesaria porque este convenio asumírao xa dende un principio que ía aportar o 20%. E quero facer unha aclaración, ese 6% que agora se lle reclama vén sendo o 20% que agora tería que aportar para o parque de Vilagarcía. Equivale ó 6% de todo o Consorcio, pero é o 20% de Vilagarcía, e máis, se fixeron as xestións oportunas para que tamén se sumara a esta iniciativa e disminuir incluso esa porcentaxe á Autoridade Portuaria de Vilagarcía ó cal dixo que estaría incluso disposta. Eu creo que se está xogando cos intereses de tódolos vilagarciáns e esto vai a suceder o día que realmente se precise deste servicio, que podía estar en funcionamento a partir do luns que vén e non vai a estar por esta negativa, ó andar con esta tontería por dicilo dalgunha forma, ó non querer aportar ese 20%. Vilagarcía, como vostede ben acaba de dicir agora, está na obriga de ter este servicio cando evidentemente ningún dos outros Concellos da Comarca terían obriga e sen embargo foron solidarios con Vilagarcía á hora de aporta-lo 20% para a súa construcción deste segundo parque en Vilagarcía. Polo tanto, a situación é totalmente distinta; non hai nada de relación co parque da Comarca do Deza-Terra de Montes e Tabeirós, cunha situación de poboación case similar e ó mesmo tempo unha situación de dispersión tremendamente máis prexudicial incluso para o parque, único parque que hai no Deza, Tabeirós e Terra de Montes. Creo que o importante para beneficiar rapida e axilmente ós vilagarciáns é que este parque se poña en marcha, que Vilagarcía se adhira o antes posible a este Convenio aprobado xa no seu día, e que se poña en marcha o antes posible. E eu creo que pola miña parte, Sr. Presidente, queda perfectamente claro; hai argumentos máis que sobrados para que esto se leve adiante da forma que está establecido e nada máis. É unha pena que un servicio que temos aí, que costou unha inversión importante por parte da Xunta de Galicia, da Deputación e de tódolos Concellos da Comarca, solidarios especialmente con Vilagarcía, non se poña en marcha o antes posible. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Louzán. Sr. Santiago ten a palabra. Sr. Santiago Novas.- Si, gracias, Sr. Presidente. O plantexamento de que son situacións distintas non se corresponde para nada co dito no seu día, en concreto o 22 de marzo cando se debatiron os Estatutos. Eu teño aquí a acta plenaria onde tanto vostede como o Sr. Crespo Iglesias, que naquel momento actuaba de Portavoz, dicían e defendían que eran casos practicamente idénticos, similares. É máis, incluso se quere podemos lelo, o Sr. Crespo dicía argumentando a diferencia que había en calidade de servicio en relación co Consorcio de Pontevedra, que prestaba servicio a un só Municipio, e co relativo ó Consorcio que prestaba o servicio a toda unha comarca dispersa, efectivamente como vostede dicía. Dicía que o Consorcio do Salnés ía a te-lo mesmo tratamento que o que se lle estaba dando nese momento ó Consorcio de Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Polo tanto eran vostedes quen dicían que practicamente era o mesmo caso o do Consorcio do Salnés que o do Consorcio do Deza. Opinión que agora cambia. En canto ó argumento que vostede esgrime, Sr. Louzán, dicirlle que eso para nada está reflexado nos Estatutos. Dígame vostede en que parte ou en que artigo dos Estatutos contempla que se fai esa discriminación en base ó argumento que vostede está dicindo agora neste momento, en base á ubicación xeográfica da sede, subsede ou subparte. Non contempla ese argumento os Estatutos, non existe constancia de que ese argumento estea respaldado polo resto dos membros do Consorcio, porque non se debateu nin se aprobou eso nos Estatutos. Ó mellor a opinión que vostede di tampouco é asumida polo resto dos Concellos do Consorcio, ou incluso tampouco é asumida pola Xunta de Galicia. É unha opinión, unha aportación súa, ou en todo caso do grupo de goberno deste organismo, pero non existe constancia de que estea asumida por ningún outro membro do Consorcio. O que si hai constancia en acta do Pleno de Vilagarcía de Arousa é que o propio grupo municipal do Partido Popular di que en base a esa disparidade de criterios a aportación que debe face-lo Concello de Vilagarcía é cero pesetas. O propio Partido Popular de Vilagarcía. Insisto, o que eu pretendo, e así o dixen na primeira intervención, é que se debata sobre os Estatutos, que é o que se contempla, o que está escrito. O que vostede propón ó mellor é unha modificación deses Estatutos, que se retire o relativo á poboación e que se fale da ubicación de sedes ou subsedes. Dicirlle máis Sr. Louzán, se a cuestión é de sedes, Ribadumia e en todo caso Silleda tamén estarían obrigados a aportar, se a cuestión é de sede, non é de poboación, é por ter unha sede, entón Ribadumia e Silleda estarían obrigados a aportar. Pero en todo caso poderíamos facer un popurri e sumar poboación máis sede, podémolo facer, pero se eso é así, cabe pensar razonadamente que aquela poboación, aquel Concello que aporta debe te-la sede e non ter unha subsede, que ó final é un camión de bombeiros con dous ou tres operarios. Se loxicamente se ubica por criterios de poboación e por criterios de sede, a sede do Consorcio do Salnés debería estar en Vilagarcía e non en Ribadumia. Baixo ese criterio incluso a sede tería que estar en Vilagarcía. En calquera caso, insisto, eu creo que debemos debatir sobre os Estatutos e non sobre opinións particulares que non están nin sequera asumidas e contrastadas polo resto dos membros do Consorcio. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Santiago. Sr. Louzán. Sr. Louzán Abal.- Si, gracias, Sr. Presidente. O que hai que facer é contestar en base a Estatutos e en base a argumentos. Cando o Deputado que me fala responda con argumentos, a partir de aí falamos. Primeiro, dicías que debía Vilagarcía, ou neste caso Ribadumia e Silleda, aportar. Non está establecido. Fai un momento acabas de dicir precisamente que teñen obrigación aqueles Concellos de máis de 20.000 habitantes. Polo tanto, non liemos a cousa de mala maneira senón que vaiamos ó fondo da cuestión. E o fondo da cuestión di precisamente que os Concellos de máis de 20.000 habitantes deben ter ese servicio. No caso de A Estrada e Lalín non teñen nin sede nin subsede, eso queda perfectamente claro. En Vilagarcía creouse unha subsede especialmente pola solidariedade do resto dos Concellos da Comarca. En relación a que Silleda e incluso Ribadumia debían aportar, xa aportaron, aportaron os terreos por exemplo, cousa que ó mellor outros non puderon facer pero eles si aportaron os terreos. Polo tanto, cando se fala hai que falar con argumentos e entón con argumentos debatimos o que sexa necesario. Vostede cando me rebata a min, que esa diferencia que existe, cando me diga que eso non é certo, que as poboacións non son practicamente similares, cando a distancia que existe no parque do Deza é tremendamente diferencial con relación á do Salnés, cando vostede me rebata eso podemos falar de que dalgunha forma terán que ser situacións tremendamente iguais. Pero mentras non mo rebata é porque non hai argumentos. E ademais son datos que están aí. Eu creo que esto procede de que unha vez máis o goberno de Vilagarcía quere manter a súa deixadez de funcións, e eu dixen non fai moito tempo que o goberno real de Vilagarcía era a Xunta, Deputación e outros organismos. E segue sendo certo. Mañá concretamente o Alcalde de Vilagarcía vai a inaugurar unhas obras que acaba de facer precisamente a Deputación e entón vai el precisamente perante unha xestión que nos fixeron os veciños, mañán vai el a inaugura-las obras, como vai a inaugurar moitas máis obras. Quero dicir que o goberno real de Vilagarcía segue sendo a Xunta e a Deputación perante a deixadez de funcións neste caso do goberno de Vilagarcía, que ademais pode prexudicar seriamente os intereses dos veciños de Vilagarcía. Cando suceda algún percance, reclamarán por que non está en marcha un parque que está practicamente acabado. Pois por unha cabezonería neste caso do goberno de Vilagarcía; pero creo que tiña que engadir tamén algo máis o Alcalde de Sanxenxo porque é a persoa responsable da Comarca e afectado directamente. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Louzán. Ten a palabra o Sr. Martín. Sr. Martín González.- Gracias, Sr. Presidente. Eu quería dicir que me sinto aludido, pero que me dá un pouco de pena porque resulta que parece ser que o que non gusta é que Lalín no haxa pagado ese 20%. É o que parece ser que se debate aquí. A min o que conseguirá Lalín ou non conseguirá me parece moi ben, e non me quero meter co tema da Comarca de alí. Pero lles teño que recordar a vostedes que en temporada estival Sanxenxo ten máis poboación que toda a Comarca do Salnés xunta, e polo tanto se sinte moi prexudicado. E nós estamos dispostos e eso; se llo fixemos ver ó Alcalde de Vilagarcía, e nese caso ó Teniente Alcalde, Sanxenxo estaba disposto a poñe-los terreos e da-lo 20% para facer ese subparque alí, en Sanxenxo, e o Concello do Grove e tódolos Concellos da zona sur da Comarca estaban de acordo, e a min me parece unha tomadura de pelo o que se está a facer con este asunto. Agora, que os Estatutos están ben ou están mal, eu non vou a entrar nese tema, ese é un tema doutro debate distinto, como vostede di, pero eu creo que a Comarca, neste momento, está sendo moi solidaria con Vilagarcía, e é unha pena o que contaba o Sr. Louzán de que vai haber un día un percance e resulta que eso non está en funcionamento. E eu síntome moi mal, posto que tanto o Grove e sobre todo Sanxenxo poñían os terreos e mailo 20%. Eso non consta en ningunha acta porque foi nas conversacións previas a todo o consorcio que mantivemos co Concello de Vilagarcía. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Martín. Ten a palabra Sr. Santiago. Sr. Santiago Novas.- Gracias, Sr. Presidente. Vamos a ver, empezamos polo último. Telmo, teño que dicirche que se non estabas de acordo coa ubicación da sede ou a subsede loxicamente o que deberas facer é votar en contra. A cuestión de ser solidario coa Comarca me parece correcto en canto á ubicación, o que non é congruente que sexa solidario en ubicación e non sexa solidario, ou non sexas coherente, en canto ós criterios a aplicar no Consorcio do Salnés en relación co Consorcio do Deza. Non existe coherencia, cambiades e se muda o criterio. Nun se contempla un condicionamento para os Concellos de máis de 20.000 habitantes de poboación e noutro Consorcio non. Esa é a realidade, existe unha discriminación, unha discriminación con repercusións políticas. E en relación a que non lle gusta, pois se non lle gusta houbera proposto outra ubicación, porque en todo caso esa proposta nace da Xunta de Galicia e da propia Deputación, digo a ubicación xeográfica da sede e subsede. En todo caso ese non é o obxecto de debate. Dicía o Sr. Louzán que el quería falar de cuestións concretas. Ese foi o primeiro plantexamento que eu lle fixen e eu poño enriba da mesa Estatutos, Sr. Louzán; poña vostede algún documento que estea respaldando o seu criterio, o criterio que está aportando neste momento, razóns de disparidade xeográfica, de diseminación xeográfica, de conveniencia ou de solidariedade en razón de que teña que estar en Vilagarcía e en Ribadumia; dígame vostede que documento soporta esa opinión, cal é, e facemos incluso propostas de modificación dos Estatutos. Eu lle falo de Estatutos do Consorcio do Salnés onde contempla ese parágrafo. Se quere llo volvo a repetir e llo leo. ¿Dígame vostede en que apartado, en que artigo contempla esta mesma condición no Consorcio de Deza - Tabeirós - Terra de Montes? ¿Dígame vostede en que documento? E logo dicimos se estamos falando de cousas concretas ou non. Outra cuestión como a deixadez de funcións do Alcalde de Vilagarcía, eu lle quero dicir que é compartida polo grupo popular na Corporación, porque comparten o mesmo criterio. E por último, a información que eu teño é que o Consorcio, o que é o funcionamento do Consorcio, non está operativo porque entre outras cousas non está enriba da mesa a aportación que ten que face-la Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. Esa é a información que eu teño, non está posta encima da mesa esa aportación. Insisto, eu aporto documentación, aporto Estatutos que é onde se constata a discriminación que contemplan os dous Estatutos. Dígame vostede que documento, que norma, que regulamento, soporta o argumento que neste momento está aportando vostede aquí e logo debatimos sobre el e se acaso se pode facer tamén unha proposta de modificación. O que non se pode modificar é o que non existe, que é o argumento que vostede está aportando neste momento. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Santiago. Ten a palabra o Sr. Martín. Sr. Martín González.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Sr. Santiago, eu creo que estamos entrando nun debate ó que vostede mesmo non lle encontra a salida. Voulle a facer unha pregunta moi concreta. ¿Vostede, se a Comarca do Deza non tivera parque neste momento e na Comarca do Salnés pasara o que está pasando presentaría igual a Moción? . É unha pregunta moi sinxela. Repítolle. Dígolle que se na Comarca do Deza non houbera parque de bombeiros neste momento ¿vostede presentaría esta moción pasando o que está pasando na Comarca do Salnés?. Sr. Presidente.- Sr. Santiago. Sr. Santiago Novas.- Lle contesto. Efectivamente, se non houbera parque na Comarca do Deza non poderíamos estar falando de discriminación. ¿Verdade?. E a segunda contestación que eu lle vou a facer é que estamos propoñendo saída a este problema. Non se entera Sr. Martín. A Moción contempla unha saída a este tema. Pero incluso é máis estamos dispostos a que incluso ó mellor esta non sexa a solución, quero dicir que hai outras posibles solucións. En calquera caso a saída, Sr. Martín, é darlle o mesmo tratamento ó Consorcio do Deza que ó Consorcio do Salnés. Esa é a saída, non hai outra. Sexan vostedes coherentes co criterio e aporten o mesmo criterio nos dous Consorcios. Non sei se lle queda clara a saída. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Santiago. Última intervención. Por favor, última intervención. Sr. Martín, por alusións. Sr. Martín González.- Sr. Presidente, vou a contestar polos compañeiros meus que están preguntando; entón teño que dicirlle, Sr. Santiago, o que vostede lle debería preguntar, e xa vou contestar eu o que vai a dicir, e se non que me contradiga o Alcalde de Lalín, que está aquí como Deputado, se está disposto a pagar o 20% se a Xunta e maila Deputación lle fan alí un parque, e como seguro que vai dicir si, xa lle vou pedir outra cousa, pídolle a vostede que retire esta Moción, que fagamos unha reunión cando queira vostede con todo o Consorcio en Ribadumia, cando queira que veñan a ve-las instalacións de Ribadumia e vamos a ve-las de Vilagarcía, e se vostede non queda convencido propóñolle que lle vou a poñer a Moción que traemos aquí. E se lle parece ben, a min me gustaría que fixera eso pola Comarca do Salnés, a cal vostede, Rafael Louzán e máis eu representamos aquí nesta Deputación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias. Un minuto Sr. Santiago. Por eso lle dou a palabra. Sr. Santiago Novas.- Sr. Martín e Sr. Louzán, ámbolos dous, remato a intervención dicindo que o que vostedes están a facer é que Vilagarcía de Arousa pague unha mala distribución, segundo vostedes, da ubicación das sedes, eso é o que están argumentando. Porque di o Sr. Crespo que estarían dispostos a aportar. Sr. Presidente.- Por favor. Sr. Santiago Novas.- O dixo vostede na Comisión Informativa do día 20. Se ambos Concellos están dispostos a aporta-lo que sexa necesario, vótense fóra do Consorcio e fagan vostedes no seu Concello o que lles pete, o que lles dea a gana. Agora, non ten por que pagar Vilagarcía de Arousa as consecuencias dunha mala ubicación xeográfica, na que precisamente vostedes tampouco están de acordo, cando é o grupo do Partido Popular quen ubica xeograficamente esas sedes. Polo tanto insisto, Vilagarcía non ten por que pagar unha mala ubicación que é a proposta da Xunta de Galicia. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Santiago. Procedemos á votación da Moción proposta polo Deputado Socialista Sr. Santiago en relación cos Estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. ¿Votos en contra?. O Grupo Popular. ¿Abstencións?. O BNG. ¿Votos a favor?. O Grupo Socialista. Queda rexeitada por maioría, a abstención do BNG, a favor PSOE, en contra Partido Popular. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Medio Ambiente e Urbanismo, o Pleno acorda por maioría de votos en contra do Grupo Popular, co voto a favor do PSOE e a abstención do BNG, rexeita-la Moción do Grupo Socialista en relación cos Estatutos do Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés. ------ Folla: 15.4813.- APROBACIÓN DO INVENTARIO DE BENS E DEREITOS DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número quince. Aprobación do Inventario de Bens e Dereitos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. No expediente que tiveron á súa disposición aparece a relación valorada de tódolos bens da Excma. Deputación de Pontevedra coa exclusión dos Organismos Autónomos dependentes da mesma. No seu día foi convocado un concurso para este fin e a empresa adxudicataria entendemos que foi unha empresa do máis fiable, do máis válida pola experiencia, posto que foi a encargada de face-lo inventario do patrimonio de Estado e polo tanto cremos que o seu resultado final é aceptable, e á parte deso o informe dos técnicos correspondentes así o din, se ben en concreto o Servicio de Arquitectura fai algunhas salvidades en canto á que no seu momento, por exemplo, o edificio do Museo estaba en obras unha parte e polo tanto non se ten valorado e algúns detalles máis. Como é lóxico a empresa fai o inventario nun momento determinado. Para levalo ó día vai haber unha persoa exclusivamente dedicada a este tema para actualizar día a día tódalas variacións que se produzan no patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra. Os resultados téñennos vostedes, os criterios utilizados neste sentido por parte da empresa están moi claros. A valoración, segundo criterio expreso da empresa adxudicataria deste traballo, é valorar o prezo, o valor da reposición. O valor patrimonial segundo os criterios seguidos pola empresa adxudicataria son 51.330.688 Euros. Esto en síntese é o que sometemos ó Pleno para a súa aprobación. ¿Algunha intervención?. Si. Perdón. Olvidábame dun tema, hai unha alegación neste caso do Sr. Pazos, do Sr. Araujo, sempre confundo ó Sr. Pazos co Sr. Araujo, no senso de que unha ponte romana do século X, polo que pasa unha estrada provincial, debería ser engadido tamén como patrimonio da Deputación Provincial. Aquí poderíamos entrar, Sr. Araujo, nunha discusión tremendamente complicada que é distinguir entre o que é o valor e o que é o prezo. Vostede entende perfectamente o que lle estou a dicir, eso en primeiro lugar. En segundo lugar, temos as nosas dúbidas de que estea xa catalogado coma ben patrimonial polo Estado ou incluso pola Xunta de Galicia. En todo caso, con respecto á súa alegación témoslle que dicir que vámolo a ter en conta e vamos a ver se efectivamente está catalogado xa como ben patrimonial do Estado ou como ben patrimonial da Xunta de Galicia e se efectivamente comprobamos que non está catalogado como ben patrimonial, estudiaremos o caso, porque o informe do Enxeñeiro neste caso é contrario a que o contemplemos como ben patrimonial da Deputación Provincial. Indudable, é unha opinión dun técnico; quen a temos que valorar seremos os políticos. Unha vez feitas estas indagacións teremos en conta a súa alegación que consideramos oportuna. Sr. Araujo. Sr. Araujo Quintas.- Eu entendo a cuestión. Respecto da valoración que se fai dos bens non nos cadra moi ben esto, nos parece excesivamente baixa; a verdade é que os criterios tampouco os entendemos moito, porque aínda que fosen valores catastrais os que se teñen en conta sinceiramente nos parece moi baixo. Non sabemos as consecuencias que desto se pode derivar, se é que se pode derivar algunha, probablemente si. A min se me ocurren agora cuestións de seguros, pólizas de seguros, etc., se eso podería ter algunha repercusión nese sentido. Xa digo, non temos claro ou non nos cadra esa valoración tan baixa. E despois, respecto á alegación da ponte, aquí non está en discusión en absoluto o valor e o prezo senón a propiedade, que é distinto. Na alegación que eu fixen hai un erro. Non é unha ponte do século X, é unha ponte do século entre o XI e o XII pero si que é de orixe romana, eso si que é certo. En calquera caso estamos diante dun elemento patrimonial dunha considerable importancia, polo menos nós así o entendemos, e cremos que seguramente esta Deputación non terá, polo que eu puden ver, que é un documento moi extenso, elementos desa antigüidade no inventario. Estamos falando dunha ponte que ten probablemente máis de 1.000 anos, e esto enlázoo co informe que fai o técnico da Deputación que é un informe bastante ambigüo e incluso poderíamos dicir que curioso, porque se limita a dicir que cando a Deputación fixo a estrada a ponte xa estaba aí, evidentemente, levaba 1.000 anos feita. O que nós dicimos é que unha ponte sen ese elemento, perdón, unha estrada que ten que cruzar un río sen ese elemento tan importante estructural como é unha ponte xa me dirá vostede onde se vai a suxeitar esa ponte, nas nubes. En calquera caso, tantos anos de uso por parte da Deputación dese elemento, e incluso de actuacións sobre o mesmo, eu creo que algún dereito nos dará sobre esa propiedade. Das indagacións que eu fixen pódolle dicir que no Inventario de Bens do Concello de Gondomar non está, e no da Xunta de Galicia tampouco está, ata onde eu puden averiguar. Si está catalogada, pero polo seu interese histórico, non como propiedade. Eu creo que efectivamente, como moi ben vostede dixo, a pesares do informe do técnico esta Corporación algo terá que dicir. Polo tanto, sería bo que se inventariase. Está ben se queren indagar por se pertence a alguén e tamén lle faría unha recomendación ou unha suxerencia, e é que esa ponte realmente necesita unha reparación, reparación non é a palabra, unha recomposición, unha restauración urxente porque está caíndo. E é unha pena. E eso seguramente é demérito do Concello de Gondomar que unha parroquia como esa, tan importante, en 1.000 anos non teña máis que unha ponte. En calquera caso esa ponte hai que restaurala, recuperala, poñela en valor, é un elemento moi importante e nós consideramos que o primeiro paso é inventariala como propiedade desta casa. Nada máis. Nós, respecto da valoración, como non o temos claro, en principio ímonos abster. Sr. Presidente.- Gracias, Sr. Araujo. Ben, nós vamos a levar a cabo o que dixen ó principio. Se as Deputacións naceron no ano 1812 e se puxeron en marcha no 1835-36 é lóxico que esa ponte existía aí. Parece que, posto que forma parte dunha estrada provincial, podía ser titular dela a Deputación Provincial de Pontevedra. En todo caso nós vamos a estudia-lo tema, e en canto á suxerencia que me fai tomámola en consideración. De forma inmediata vaise a ve-lo estado no que está esa ponte. Loxicamente Patrimonio algo terá que dicir a reforma se efectivamente é como vostede di. En canto á valoración, repítolle, son os criterios que usa esta empresa, que é a máis solvente que hai en España nesta clase de traballos. Non é o valor catastral o que valorou, senón o valor de reposición. A simple vista tiven a