Cover Image
Compartir este registro

Acta de sesión 2005/01/28_Ordinaria (2005-01-28)

Institution: Arquivo Deputación de Pontevedra
Signature: 2005-01-28_Ordinaria
Author/Creator: Deputación de Pontevedra. Secretaría Xeral
Other Authors: Deputación de Pontevedra. Xunta de Goberno
Description: 1 expediente ou agrupación documental
Format: Item
Language: Galician
Published/Created: 2005-01-28
Summary: Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e oito de xaneiro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia de Dona María Teresa Pedrosa Silva, Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Aval e o Deputado D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12741.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 2.12742.- CONVENIO COA "FUNDACIÓN ERGUETE-INTEGRACIÓN" De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, apróbase por unanimidade a proposta de convenio de colaboración a subscribir coa Fundación Erguete-Integración de Vigo - 2005, para un programa socio-laboral, por un importe de 36.000,00 ¤, con cargo á partida 05/313.313.480.02, figurando o seu texto en anexo aparte e habilitando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN "ÉRGUETE-INTEGRACIÓN" PARA O ANO 2005 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra (de aquí en diante Deputación), reúnense pola Deputación D. Rafael Louzán Abal como Presidente, en virtude do art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril, e Dona Carmen Avendaño Otero como Presidenta da Fundación Érguete-Integración (en diante Fundación), con CIF G-36.861.078 As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante o problema derivado do uso e consumo de substancias tóxicas por unha banda e a escaseza de recursos a nivel de integración social e laboral dirixidos ás persoas carentes de formación en situación de risco social por outra, consideran de suma importancia xuntar esforzos para facer fronte a este problema de enormes repercusións tanto persoais como sociais, razón pola que a Deputación subvenciona á Fundación cunha axuda económica que lle permite manter a infraestructura que precisa para levar adiante os seus programas de integración. Por todo o traballo desenvolvido durante os anos anteriores e ante os programas xa aprobados cara o ano 2005 en actividades sociais, as partes asinantes consideran que a Fundación é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da mesma na que a Excma. Deputación participa como membro do Padroado da Fundación e como organismo financeiro das actividades da mesma, actuación imprescindible para a realización de calquera dos seus programas. En base ás anteriores consideracións as dúas partes acordan establecer o presente CONVENIO, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto Apoiar economicamente á Fundación para que poida manter a infraestructura que lle permite optar ás subvencións de programas específicos e en consecuencia á realización de todas as actividades que esta leva a cabo dentro do Programa de Incorporación Socio-Laboral e do Plan de Inclusión Social de Galicia así como os cursos de baldes que se imparten durante todo o ano para a obtención do certificado de Graduado Escolar, de formación a través do FORCEM, de Voluntariado, cursos dirixidos á Muller e o curso de Iniciación a Internet, Alfabetización Informática e Procesador de Textos Word, na aula Informática da Fundación e Orientación Socio-Laboral puntual ó colectivo de internos da Cárcere da Lama (Pontevedra). Todas estas actividades están cofinanciados entre outras entidades, por distintas Consellerías da Xunta, Caixanova e Concello de Vigo. SEGUNDA. Institucións participantes A Deputación e a Fundación Érguete-Integración quen levará a cabo os Programas e cursos sinalados na cláusula anterior, dando coñecemento previo para o seu seguimento. TERCEIRA. Ámbito de actuación O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. CUARTA. Condicións e financiamento A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. A achega económica da Deputación elévase a TRINTA E SEIS MIL EUROS (36.000,00 ¤) consignados na partida 05/313.313.480.02 que se aboarán á Fundación conforme vaia xustificando os gastos da mesma en relación con este Convenio, mediante facturas que cumpran os requisitos legais. QUINTA. Participación das Institucións DEPUTACIÓN: Achega económica e o apoio técnico para o estudo e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. FUNDACIÓN: É o organismo responsable da xestión dos programas formativos e de inserción socio-laboral dos seus integrantes. Cederá o local acondicionado para ditos programas e responsabilizarase tanto da contratación do persoal como da captación, formación e seguimento dos profesionais que participarán no desenvolvemento destes obradoiros. Ademais proporcionará un seguro de cobertura de accidentes para os usuarios durante o desempeño das actividades referidas. Os Concellos da provincia, a través dos Servicios Sociais de Atención Primaria e as Organizacións Non Gobernamentais poderán remitir alumnos a ditos cursos, quedando a súa admisión condicionada ó criterio dos técnicos da Fundación. Ó remate das súas actividades a Fundación deberá presentar á Deputación unha memoria das mesmas. SEXTA. Publicidade A Fundación comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación a de dos mil cinco. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN A PRESIDENTA DA FUNDACIÓN Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carmen Avendaño Otero ------ Folla: 3.12743.- PRÓRROGA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL A BENEFICIARIOS DE BARRO, MARÍN E PONTE CALDELAS De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, apróbase por unanimidade a proposta de prórroga de Axudas de Emerxencia Social ós beneficiarios que se relacionan: -Concello de Ponte Caldelas: Dona Nieves Amoedo Amoedo, ata 31 de maio de 2005, para arranxo de vivenda, por 851,00 ¤. -Concello de Barro: Dona María Outeda Castrelos, ata 31 de maio de 2005, para arranxo de vivenda, por 1.538,00 ¤. Don Alfonso Calvo Calvo, ata 31 de maio de 2005, para arranxo de vivenda, por 1923,00 ¤. Dona Estrella Fernández Viqueira, ata 31 de maio de 2005 para arranxo de vivenda, por 1923,00 ¤. Dona Monserrat Rivas Baliño, ata 31 de maio de 2005, para arranxo de vivenda por 769,00 ¤. -Concello de Marín: Dona Manuela Villanueva Nores, ata 31 de marzo de 2005, para arranxo de vivenda, por 882,00 ¤. Dona Saladina González Soliño, ata 31 de marzo, para arranxo de vivenda, por 1479,00 ¤. ------ Folla: 4.12744.- PRÓRROGA DE SUBVENCIÓN Á ASOCIACIÓN "ASPADEZA" DE LALÍN De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, apróbase por unanimidade a proposta de prorroga ata o 31 de decembro de 2005 á "Asociación de Pais de Disminuídos Psíquicos do Deza -ASPADEZA- de Lalín", para "obras de acondicionamento de Centro Ocupacional", cunha subvención de 58.298,17 ¤, concedida por RP nº8620, de 20-08-01. ------ Folla: 5.12745.- PREMIO CARMEN FERRO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acéptase por unanimidade nos seus propios termos o acta e fallo do xurado do Premio Carmen Ferro de 11 de xaneiro de 2005, que a continuación segue: "ACTA DO FALLO DO XURADO DO PREMIO "CARMEN FERRO" Na Sala de Comisión da Deputación Provincial, sendo as 10:30 horas do día 11 de xaneiro de 2005, reúnese o Xurado Cualificador do Premio "Carmen Ferro", a fin de fallar o mesmo e composto polas seguintes persoas: Presidenta: Don Nidia Arévalo Gómez, Deputada-Delegada de Benestar Social. Vogais: Dona Belén Sío Lourido, designada polo PSOE. Don José Juan Durán Hermida, designado polo PP Dona Mª Luz Bañal Teijido, designada polo Servizo Galego de Igualdade. Dona Paz Lamela Vilariño, designada pola Delegación de Educación. Secretario: Don José Mª Sánchez Escalante, xefe do Servizo de Acción Social. Aberto o acto, pola Presidencia, procedeuse a expoñer polos asistentes o criterio e impresión que lles producirán os traballos presentados e concluída a deliberación, acordouse por unanimidade, conceder os seguintes Premios: A.- Primeiro Premio -Nivel A, ó relato titulado "Las Tareas de la Casa", do que son autores Mª Florencia Calandria Dobarro e Manuel Díaz Baldonedo, do concello de Lalín e dotado con 250,00 euros. Primeiro Premio-Nivel B, ó relato titulado "La Familia Araceli", do que son autores Araceli Rodríguez Caaveiro e Jeferson Natasel Ocampo, do concello de Lalín e dotado con 700,00 euros. Primeiro Premio-Nivel C, ó relato titulado "Home e Muller: Igualdade na Ensinanza", do que é autora Lucía Búa Devesa do Centro IES Aquis Celenis de Caldas de Reis e dotado con 600,00 euros. B.- Segundo Premio -Nivel B, ó relato titulado "María, A Muller Traballadora", do que é autor Antonio Llerena Morais do CPI de Pontecesures e dotado con 300,00 euros. O resto dos premios establecidos nas Bases, foron declarados desertos. E non habendo máis asuntos que tratar, deuse por concluída a reunión ás once horas e trinta e cinco minutos do citado día". ------ Folla: 6.12746.- APOIO O PROXECTO EMPRESARIAL "CANGAS PRINT" De conformidade coa proposta do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade apoiar o proxecto empresarial "Cangas Print" presentado por, Don Roberto Fernández Santos do concello de Cangas, en virtude dos informes favorables do Técnico Local de Emprego, para ser cualificado como Iniciativa Local de Emprego. ------ Folla: 7.12747.- ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. (TRAGSA) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE I+D: "SELECCIÓN E MULTIPLICACIÓN DE EXEMPLARES DE CASTAÑO RESISTENTES Á TINTA. CARACTERIZACIÓN DE FONTES DE RESISTENCIA MEDIANTE O USO DE MARCADORES MOLECULARES" Vistos, o dictame da Comisión de Agricultura e Gandería, informe do enxeñeiro director así como o de Asesoría Xurídica, acórdase por unanimidade: 1.- Aprobar o "Acordo de colaboración entre a Empresa de Transformación Agraria, S.A. (TRAGSA) e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro) para a realización do proxecto de I+D: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño resistentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de marcadores moleculares". Dito acordo é como segue: ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A EMPRESA DE TRANSFORMACIÓN AGRARIA, S.A. (TRAGSA) E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A TRAVÉS DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO) PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO DE I+D: "SELECCIÓN E MULTIPLICACIÓN DE EXEMPLARES DE CASTAÑO RESISTENTES Á TINTA. CARACTERIZACIÓN DE FONTES DE RESISTENCIA MEDIANTE O USO DE MARCADORES MOLECULARES" En Pontevedra, a de de 2005 REUNIDOS Dunha parte D. Guillermo Collarte Rodríguez, maior de idade, con D.N.I. 34.608.990-Q, na súa calidade de Conselleiro Delegado, actuando en nome e representación da Empresa de Transformación Agraria, S.A., en adiante TRAGSA, con C.I.F. nº A-28/476208 e con domicilio social en Madrid, Calle Maldonado, 58, tendo facultades bastantes para este acto, en virtude de escritura de Poder outorgada o seu favor o 2 de Abril de 2003, ante o Notario de Madrid, D. Ángel Sanz Iglesias, co número 1004 do seu protocolo, as cales asegura non lle foron revocadas nin disminuídas. E de outra D. Rafael Louzán Abal, con D.N.I. 35451643-H, na súa calidade de Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, de conformidade co artigo 34.1 b da Lei 7/85, de 2 de Abril, de Bases de Réxime Local. Ambas partes na calidade na que comparecen, recoñécense mutua e reciprocamente capacidade xurídica bastante para actuar e subscribir o presente Acordo de Colaboración e a tal efecto MANIFESTAN 1. Que TRAGSA desenvolve actividades de I+D na área científica-tecnolóxica de reforma e desenvolvemento agrario e forestal e de conservación da natureza. Neste marco, TRAGSA ven desenvolvendo desde o ano 2001 un proxecto de I+D denominado: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño resistentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de marcadores moleculares". Neste proxecto TRAGSA vén actuando en colaboración co Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC (en adiante IIAG), e a partir deste ano tamén coa Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela. 2. Que TRAGSA está interesada en convir coa Excma. Deputación de Pontevedra a achega de diversos temas en relación ós traballos e estudos que sobre castaños se realizaron na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, tales como: · Realización de ensaios de inoculación, así como o asesoramento científico-técnico para poder realizar adecuadamente estes ensaios · Realización de test in vitro de resistencia a Phytophthora, con cultivos de castaños, ben híbridos ou procedentes da selección en campo, · Asesoramento técnico no transcurso das actividades de inoculación, ensaio e selección, para garantir un adecuado desenvolvemento dos traballos de selección de individuos de castaño por resistencia a Phytophthora. Polo anteriormente exposto, é desexo das partes intervenientes formalizar o presente Acordo de Colaboración con arranxo a las seguintes CLÁUSULAS Primeira: Obxecto Constitúe o obxecto do presente Acordo convir, por parte de TRAGSA e a Excma. Deputación de Pontevedra a través do Servizo Agrario (grupo de investigación da Estación Fitopatolóxica Do Areeiro), cuxo investigador responsable é o Dr. Pedro Mansilla, a execución e desenvolvemento das tarefas especificadas na cláusula segunda, para o desenvolvemento do Proxecto de I+D: "Selección e multiplicación de exemplares de castaño resistentes á tinta. Caracterización de fontes de resistencia mediante o uso de marcadores moleculares" (en adiante o Proxecto). Segunda: Tarefas a realizar A realización das tarefas que a continuación se relacionan serán asumidas por cada unha das partes que interveñen no presente Convenio de Colaboración, obrigándose cada unha delas a implantar os medios técnicos, humanos e materiais para a adecuada consecución dos obxectivos propostos: POR PARTE DE TRAGSA - Proporcionar á Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" os cultivos in vitro que sexan necesarios para a realización dos ensaios. - Proporcionar á Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" o material técnico necesario o seu requirimento, para poder realizar correctamente as labores establecidas no presente convenio. POR PARTE DA Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro") - Proporcionar cultivos de Phytophthora cinnamomi en crecemento activo para a realización de ensaios de inoculación nas instalacións do CEMDA, así como o asesoramento científico-técnico para poder realizar adecuadamente estes ensaios (300 placas). - Realizar test in vitro de resistencia a Phytophthora, con cultivos de castaños, ben híbridos o procedentes da selección en campo, establecidos e propagados polo CEMDA. Realizarase un test inicial de clons híbridos e test posteriores segundo se estableza o material seleccionado de ata 100 individuos clonados de C. sativa procedentes da selección por resistencia. - Realizar as análises fitopatolóxicas complementarias ós ensaios de resistencia que permitan determinar a causa da morte das marras dos ensaios. - Proporcionar asesoramento técnico no transcurso das actividades de inoculación, ensaio e selección, para garantir un adecuado desenvolvemento dos traballos de selección de individuos de castaño por resistencia a Phytophthora. O grupo de investigación da Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" e TRAGSA, intercambiaranse periodicamente canta información sexa necesaria para o correcto desenvolvemento do Proxecto. TRAGSA comprométese a facilitar á Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" os materiais que lle sexan necesarios para a continuación dos seus traballos. Así mesmo, comprométese a facilitar a súa participación en aquelas partes do proxecto do seu interese directamente relacionadas coas materias obxecto da súa colaboración. O grupo de investigación da Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" comprométese a facilitar a TRAGSA, como entidade contratante, canta información científico-técnica e económica lle sexa requirida para a correcta xestión do proxecto e xustificación das axudas solicitadas. Terceira: Aceptación da investigación O grupo de investigación da Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro" acepta a realización das tarefas do Proxecto enunciadas na cláusula segunda. Cuarta: Vixencia do Acordo O presente contrato entrará en vigor o día da súa sinatura e terá unha duración de doce meses. No obstante, o Contrato poderase prorrogar, antes da finalización da vixencia, mediante acordo expreso das partes, polo período de tempo non superior a tres años. Quinta: Confidencialidade Cada unha das partes comprométese a non difundir, baixo ningún concepto, as informacións científicas ou técnicas pertencentes á outra parte, ás que puidera ter acceso con ocasión do desenvolvemento do Proxecto obxecto deste Acordo, salvo que esas informacións sexan de dominio público ou que a revelación das mesmas sexa requirida por Lei. Cada parte responderá do cumprimento de dita obrigación polos seus empregados, debendo adoptar as medidas precisas a tal fin e sendo responsable dos posibles danos e prexuízos que cause á outra parte. Os datos e informes obtidos durante a realización do Proxecto, así como los resultados parciais ou finais, terán carácter confidencial. A tales efectos, as partes comprométense expresamente a non difundir estes resultados, excepto ó persoal participante no Proxecto. No obstante o establecido no parágrafo anterior, as partes poderán acordar por escrito a difusión dos resultados parciais ou finais do Proxecto conxuntamente, respectando as autorías legalmente esixibles, citando a fonte de financiamento do citado Proxecto e a súa colaboración no marco do mesmo. As disposicións desta cláusula subsistirán despois da terminación do presente Acordo e durante un período de cinco años a partir da data da súa sinatura. Sexta: Explotación de resultados. TRAGSA é unha Empresa Pública, Servizo Técnico e Medio Propio Instrumental das Administracións Públicas para a promoción do desenvolvemento rural e a conservación do medio ambiente, e todas as súas actuacións teñen como fin o mellor cumprimento destas funcións. Obedecendo a este carácter da empresa, a utilización dos resultados da investigación será como segue: 1. En canto ás distintas técnicas e metodoloxías de investigación en laboratorio necesarias para o desenvolvemento do Proxecto, tanto as previamente dispoñibles, como as desenvoltas no transcurso e como consecuencia do mesmo, quedarán a libre disposición das partes para o seu uso e emprego con carácter xeral, en novos traballos de investigación. 2. En canto ós resultados, parciais o finais, susceptibles de ser explotados comercialmente e, en concreto, os novos clons obtidos, así como as novas técnicas de multiplicación industrial de clons xa sexa mediante cultivo "in vitro" ou mediante "estaquillado semiherbáceo", será TRAGSA quen ostente o dereito de explotación comercial, directamente ou a través de terceiros, se ben estes resultados estarán a disposición das Administracións Públicas para a súa aplicación ós fins arriba citados, nas condicións establecidas nos seus estatutos xurídicos. Sétima: Prezo e forma de pago. TRAGSA, como entidade contratante, comprométese a aboar a cantidade de 34.000,00 ¤ na anualidade 2005 á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para que sexa posible a realización dos traballos comprometidos pola Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro", unha vez que estes se levaran cabo. Oitava: Arbitraxe. As partes intervenientes acordan que todo litixio, controversia ou reclamación en relación con este Acordo de Colaboración, a súa interpretación, execución e cumprimento, resolverase mediante arbitraxe de dereito dirimido por un árbitro designado polas partes contratantes de común acordo. O procedemento arbitral desenvolverase en Madrid e axustarase á Lei 36/88, de 5 de decembro, de Arbitraxe, á que as partes se someten, comprometéndose desde agora ó cumprimento das resolucións e laudos que se dicten. En testemuño de canto antecede e en proba de conformidade, as partes intervenientes asinan o presente Acordo na data e lugar sinalados. Por TRAGSA Por Excma. Deputación Provincial de Pontevedra asdo.: D. Guillermo Collarte Rodríguez asdo.: D. Rafael Louzán Abal ------ Folla: 8.12748.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención, no que certifica a existencia de consignación por importe de cincocentos vinte mil euros (520.000,00 ¤) na partida 05/711.442.762.82 do vixente orzamento provincial, segundo retención de crédito número 200500002390; visto así mesmo o Dictame da Comisión Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente de data 19 de xaneiro de 2005 na que as Bases foron dictaminadas favorablemente cos votos do PP e a abstención de PSOE e BNG, acórdase por unanimidade aprobar as Bases reguladoras de axudas a Entidades Locais para dotación de servizos básicos a praias. Ditas bases son como seguen: BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES LOCAIS PARA A DOTACIÓN DOS SERVIZOS BÁSICOS ÁS PRAIAS- 2005 1.- Principios xerais A Deputación de Pontevedra, para manter as praias da provincia e o seu contorno nas debidas condicións de limpeza e seguridade, vai continuar coas axudas para a dotación de servicios básicos ás praias iniciadas fai oito anos. 2.- Obxecto da convocatoria Constitúe obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se deberá de seguir para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 711.442.762.82, para dotar de servicios básicos ás praias e ó seu contorno, cun crédito inicial de cincocentos vinte mil euros ( 520.000,00 ¤). 3.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención 3.1.- Serán obxecto de axudas os investimentos realizados en equipamentos para o mantemento das praias nas debidas condicións de hixiene e seguridade: duchas, puntos de auga potable, torres de vixilancia, megafonía para a advertencia de perigo, balizaxes para separación de zonas de baño, sinalización adecuada de servizos básicos e accesos, maquinaria de limpeza e demais equipamentos necesarios para ese fin que non se encontren aquí especificados. 3.2.- As axudas económicas poderán acadar o 75% do investimento realizado, ata un máximo de trinta e seis mil sesenta e un euros (36.061,00 ¤) por proxecto. O Ilmo. Sr. Presidente ou o órgano competente desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Urbanismo, Vivenda e Medio Ambiente, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 4.- Beneficiarios Poderá solicitar a subvención calquera municipio costeiro que teña unhas praias que se frecuenten habitualmente na época estival e que carezan dos servizos que se especifican no punto anterior, ou ben que desexen melloralos. 5.- Formalización das solicitudes 5.1.- As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegándose a seguinte documentación: a) Memoria explicativa e detallada dos equipamentos que adquirirán. Na memoria debe figurar o nome e mais a extensión das praias obxecto da actuación e, no caso de que sexa posible, co plano correspondente. b) Especificacións técnicas dos equipos dos que se prevexa a adquisición. c) Orzamento desglosado dos equipos dos que se prevexa a adquisición. d) Certificado do acordo do órgano competente da Corporación polo cal se acolle á subvención e comprometese a realizar a actuación. e) Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estas actuacións a outras administracións públicas e a súa contía en relación co orzamento total da actuación. 5.2.- O Servicio Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- Prazo de presentación de solicitudes As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispoñer de ata un 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente sinalado. 7.- Condicións e selección de solicitudes 7.1.- Na presentación de solicitudes teranse en conta os seguintes criterios: - Concello declarado de interese turístico galego. - Importancia turística do Municipio. - Número de usuarios das praias. - Praias candidatas para obteren a bandeira azul da UE. - Número de praias. 7.2.- Os Concellos beneficiarios deberán facer constar a colaboración da Deputación Provincial en todas as actuacións ou adquisicións que realicen. 8.- Xustificación e aboamento das subvencións 8.1.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: - Memoria detallada da actuación - Escrito asinado polo Alcalde que se lle dirixirá ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación solicitando que se efectúe o pagamento da subvención e indicando a contía e máis o concepto subvencionado, así como o número da conta corrente á que teña que enviar a transferencia. - Facturas orixinais, fotocopia compulsada das mesmas, ou certificación da obra realizada. - Certificado acreditativo, expedido polo secretario, de que as facturas ou certificacións que se presentan como xustificante as aprobou o órgano de decisión correspondente. - Certificación oficial, expedida polo funcionario competente, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para o mesmo fin a outras administración públicas e a súa contía en relación co orzamento total da actuación. - Certificacións de estar o corrente de pagamento coa Seguridade Social e a AEAT, sendo suficiente habelas presentado o principio do exercicio. 8.2.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2006. 9.- Control e seguimento das subvencións Os servizos técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando o resultado no correspondente informe; así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 10.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 11.- E no non previsto nestas bases estarase ó disposto na lexislación de contratos e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. ------ Folla: 9.12749.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA AREEIRO Visto o expediente tramitado a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na Finca Areeiro, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia, de incluír neste prezo público a secuenciación do ADN como un servizo que se pretende prestar no exercicio de 2005, afectando a redacción do punto primeiro (natureza e contido) e ás tarifas do anexo I ás que se lle engade un apartado novo. Visto o informe de Intervención que consta no expediente, acórdase por unanimidade, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza Xeral reguladora dos prezos públicos, e do acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos,acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de análise que prestan na Finca de Areeiro, quedando este co seguinte contido literal: Primeiro. Natureza e contido Este prezo público esixirase polos servizos de análise que se prestan na Finca de Areeiro, e que figuran en detalle na tarifa deste prezo público. Segundo. Obriga de pagamento Están obrigados a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e as entidades que soliciten os servizos de análise da Finca Areeiro. Terceiro. Contía A estructura e a contía deste prezo público figuran no Anexo I. Cuarto. Normas de xestión I. As persoas ou entidades interesadas nos servizos de análise que se prestan na Finca Areeiro, solicitaranos ante os servizos administrativos desta. II. A xestión do IVE realizaraa o Servizo de Agricultura. Quinto. Obriga de pagamento I. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servizo. Non obstante, o servizo considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude. II. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servizo. Sexto. Entrada en vigor. A modificación deste prezo público entrará en vigor e aplicarase a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ANEXO I CONCEPTOS IMPORTE A. Por análise rutineira 14,79 ¤ B. Por análise de invernadoiro 23,66 ¤ C. Secuenciación do ADN 10,00 ¤ D. No caso de urxencia aplicarase un recargo do 50 % Sobre esta tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. ------ Folla: 10.12750.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS DE ANÁLISE NA FINCA DE MOURISCADE Visto o expediente tramitado a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizo de análises na Finca de Mouriscade, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 12 de xaneiro de 2005 de modificar as tarifas deste prezo público no que afecta a prestación de servizos de análises de augas usadas nas explotación e na discriminación de prezos das análises de ensilados. Visto o informe de Intervención que consta no expediente, acórdase por unanimidade, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, modificar as tarifas do prezo público pola prestación de servizos de análises na Finca de Mouriscade, da seguinte forma: - Nas tarifas do anexo I incorpórase un epígrafe para recoller o servizo de análise de auga con dúas opcións: · Opción 1: Ph, conductividade, turbidez, amonio, nitratos, nitritos e coli, coliformes totais, aerobios, enterococcus, pseudomonas, clostridium perfringens, esixíndose un prezo de 25,00 ¤. · Opción 2: E. Coli, coliformes totais e enterococcus, esixíndose un prezo de 12,00 ¤. Así mesmo, apróbanse a discriminación de prezos das análises de ensilados previstos no punto 2 (particulares, industrias, etc.) do apartado II (liña de alimentación animal en función do número de mostras que se analicen por cada solicitante, quedando a seguinte escala: · De 1 a 200 mostras, esixirase un prezo de 7,5 euros/mostra. · De 201 a 400 mostras, esixirase un prezo de 6 euros/mostra. · De 401 a 600 mostras, esixirase un prezo de 5 euros/mostra. · A partir de 601 mostras, esixirase un prezo de 4 euros/mostra. Sobre estas tarifas aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente. Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 11.12751.- SUPRESIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA WORLD WIDE WED RÍAS BAIXAS Visto o expediente tramitado a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para supresión do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na World Wide Wed Rías Baixas, establecido no seu momento para a prestación de servizos de aloxamento, busca e administración de hoteis na citada páxina wed e vista a memoria da Presidencia de data 12 de xaneiro de 2005, na que motiva como causa de supresión do citado prezo público, o feito de que se trata dun servizo que non ten demanda na actualidade. Visto o informe de Intervención que consta no expediente, acórdase por unanimidade, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, a supresión do acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan na World Wide Web Rías Baixas. Este acordo de supresión do mencionado prezo público publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: 12.12752.- SUPRESIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLO SUBMINISTRO DE NITRÓXENO LÍQUIDO NA FINCA DE MOURISCADE Visto o expediente tramitado a proposta do Servizo de Intervención desta Deputación para supresión do acordo regulador do prezo público polo subministro de nitróxeno líquido na Finca de Mouriscade, establecido no seu momento para a súa venda ós gandeiros da provincia de Pontevedra e vista a memoria da Presidencia de data 12 de xaneiro de 2005, na que motiva como causa de supresión do citado prezo público, o feito de que se trata dun servizo que se deixou de prestar por falta de demanda na actualidade. Visto o informe de Intervención que consta no expediente, acórdase por unanimidade, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, a supresión do acordo regulador do prezo público polo subministro de nitróxeno líquido na Finca Mouriscade. Este acordo de supresión do mencionado prezo público publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: 13.12753.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "EP 9302 XIL-COBAS-BARRANTES (MEIS)" Visto o acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 29-11-2001, polo que se adxudicou á UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. -CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. a obra "EP 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meis)"na suma de 24.900.000 pesetas (149.652,01 ¤), contando a obra con un orzamento de licitación de 25.000.000 de pesetas (150.253,03 ¤); visto o proxecto modificado de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 150.253,03 ¤, redactado como consecuencia de cambios de unidades xurdidos no desenvolvemento da obra e que afectan ó ensanche da explanación, con derribo e construción de muros e peches en nova aliñación, incluso novos muros de contención e sostemento para obter a plataforma desexada, formación de paseos e cunetas, perfilado de taludes en todo tipo de terreo, e afirmado da zona ensanchada, todo iso sen variar o orzamento inicial da obra; e visto o escrito da UTE adxudicataria da obra inicial no que presta a súa conformidade ó proxecto modificado, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado da "EP 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meis)" por importe de 150.253,03 ¤, IVE incluído, toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor da UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L.-CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L.". ------ Folla: 14.12754.- BASES DO PREMIO VALLE-INCLÁN 2005 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases do Premio Valle Inclán - 2005, que son do seguinte teor: PREMIO VALLE-INCLÁN 2005 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro das súas múltiples actividades no eido da cultura, convoca a segunda edición do Premio "Valle-Inclán" que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes B A S E S Primeira.- A convocatoria é para estudos que versen e profundicen en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista científico. Segunda.- O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil euros (24.000,00 ¤) que se achegará con cargo á partida 05/451.451.481.01 do orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con este contía global. Terceira.- Os traballos deberán ter as seguintes características: - Ser orixinais e inéditos. - Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. - Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo. A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, caso no que se achegará a correspondente identificación do autor nun sobre aparte. Cuarta.- A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 31 de xullo de 2005, aceptando os interesados as condicións establecidas na mesma. Rematado este prazo, a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e a documentación correspondente, lle pasará ó xurado do premio. A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos. Quinta.- Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: - Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue Vogais: - Alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa - Presidente da Comisión de Cultura - Un representante de cada un dos seguintes organismos: a.- Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo b.- Consello da Cultura Galega c.- Fundación Valle-Inclán - Tres persoas de recoñecido prestixio intelectual e académico Secretario: - O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, que resolverá todas as incidencias que se presenten e cuxas decisións serán inapelables; poderán así mesmo solicitar a axuda de asesores especialistas na materia. Sexta.- O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia. Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por tódolos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- A entrega do premio realizarase no lugar e a data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras. Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado. Oitava.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado. Os traballos que non fosen galardoados poderán ser retirados no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. ------ Folla: 15.12755.- BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2004. "FESTA DO DEPORTE 2004" De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de bases de concesión de premios a deportistas 2004 - Gala do Deporte 2004, que son do seguinte teor: BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2004 PRIMEIRA: Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos /as que, ó seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma. SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, todos/as deportistas naturais da provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs. TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 15 de febreiro do 2005, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que se basee a súa proposta. CUARTA: Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue Vogais: Oito representantes da Asociación de Prensa Deportiva. Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. Un/unha representante da Unión de Federacións Deportivas. Un/unha representante da Secretaría Xeral para o Deporte na provincia de Pontevedra. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as. QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas Federacións e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións. SEXTA: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2004, nomeando/a "Deportista Provincial do Ano". SÉTIMA: O Xurado designará "un premio especial" á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. OITAVA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da "Festa Provincial do Deporte", que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as. ------ Folla: 16.12756.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL DE SAA PUENTES, POR DANOS PADECIDOS COMO CONSECUENCIA DUNHA PEDRA EXISTENTE NO CARRIL DE CIRCULACIÓN DA ESTRADA EP 3102 TOMIÑO-SABARÍS (TOMIÑO) Dada conta que con data de Rexistro 22.12.04 (nº 038364) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Manuel De Saa Puentes con enderezo de notificacións en r/ Salgosa, 9 - 36740 Tomiño, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, marca Wolkswagen Golf, matrícula PO-6951-AU, na estrada EP- 3102 Tomiño Sabarís, á altura de la Igrexa parroquial de Tomiño o día 15 de outubro de 2004 e que individualiza economicamente en 249,13 ¤. Resultando.- Que con data 27.12.2004 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 5 de xaneiro de 2005 co seguinte contido: " Que efectivamente, la E.P. 3.102 Tomiño-Sabarís es vía provincial. No obstante en este Servicio, Brigada incluída, no se tiene conocimiento de ese accidente concreto ni cualquier otro que pudiera haberse producido en ese tiempo y lugar. Añadir que, en ningún momento del día del accidente ó próximos, la Brigada de la zona fue requerido para retirar elementos extraños de la calzada ni cualquier otra actuación en esa zona. En consecuencia consideramos como posible la versión dada por la Policía Municipal que levantó atestado, en el sentido de "que dicha piedra cayera a la vía desde un camión..." y que pudo haber sido retirada por los propios servicios municipales, porque, repetimos, no han sido requeridos los servicios de la Brigada Provincial por tal menester". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentado os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo por canto a existencia dunha pedra na calzada (sobre a que a propia Policía Local de Tomiño di no seu informe de 19 de outubro de 2004 que "Es posible que dicha piedra cayese a la vía desde un camión...") como causa eficiente do sinistro non pode achacarse a esta Deputación, senón a un terceiro alleo a esta e neglixente no seu actuar, séndolle esixible unicamente á Administración a retirada da mesma en canto é detectada, extremo que non se chegou a realizar por canto segundo o manifestado no informe do Servizo de Vías e Obras desta Deputación, antes citado "...en ningún momento del día del accidente o próximos, la Brigada de la zona fue requerida para retirar elementos extraños de la calzada ni cualquier otra actuación en esa zona". Outra cousa houbera sido a neglixencia, morosidade ou renuencia na retirada do obstáculo da vía e que tal tardanza e desatención dera lugar a outro accidente, pero non é o caso, e o que non se lle pode pedir á Administración é a permanencia dun vixilante apostado de xeito cautelar en cada punto quilométrico da rede de estradas provinciais, esixencia de todo punto imposible. Pretender que a Administración deba respostar destes eventos sería pouco menos que convertela nunha empresa pública e universal de seguros, catalogación que se afasta de calquera interpretación minimamente seria e rigorosa do instituto xurídico da responsabilidade. Neste sentido, a sentenza, de data 05-06-98 " La titularidad por una Administración de una infraestructura material para la prestación de un Servicio Público no implica convertir a ésta en aseguradores universales de todos los riesgos". Engadir, nesta liña de razoamento que no ano 2004 dictáronse en supostos similares, sentenzas de data 10-06-04 e 05-10-04, números 121 e 179 dos Xulgados do Contencioso Administrativo, números 1 e 3 de Pontevedra das que interesa entresacar literalmente as seguintes citas: "...cabe presumir que fue un vehículo que precedentemente utilizó la vía el que perdió la sustancia que originó el accidente, lo que determina la ruptura del nexo causal" e "... no determina que se deba responsabilizar necesariamente a la entidad titular de la carretera de los efectos que sobre el normal tránsito viario produzca cualquier caída de objetos trasnsportados por los vehículos, pues puede entenderse ya es conforme con la conciencia social la existencia de un riesgo inherente a la utilización de las vías de circulación." Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 17.12757.- COMUNICACIÓNS a) Quedou enterada da comunicación do Subdirector Xeral de Réxime Xurídico e Bases de Datos Locais do MAP, de data 29-12-04, (nº rexistro de entrada 1804, de data 26-01-05) no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais o deslinde entre os termos municipais da Cañiza e Covelo. b) Quedou enterada da comunicación do Subdirector Xeral de Réxime Xurídico e Bases de Datos Locais do MAP, de data 17-01-05, (nº rexistro de entrada 1805, de data 26-01-05) no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais o deslinde entre os termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 18.12758.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes resolucións xudiciais: a) A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Xuízo Verbal 377/ 2004, derivados de accidente de tráfico no que se viu involucrado o vehículo matrícula 4325-BRJ, propiedade desta Deputación e adscrito ó Parque Móbil Provincial. Na devandita sentenza dáse por probado que o funcionario D. Enrique Grela Barral, non actuou con neglixencia na conducción e, en consecuencia, non tivo responsabilidade ningunha no accidente, desestimándose a demanda respecto do mesmo. A defensa e asistencia en xuízo foi levada a cabo polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. Dáse traslado do presente acordo ó citado funcionario e ó responsable do Parque Móbil Provincial. b) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 320/ 2004, promovidos por D. Milagros Souto Pulleiro contra expediente sancionador nº 75/04, incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. O Xulgado do Contencioso estima parcialmente o recurso, reducindo a sanción económica de 1.200 a 600 ¤, por vicios na instrución do procedemento, se ben da a razón á Deputación en canto á restitución do medio físico ó estado anterior á infracción. A defensa do asunto na vista foi levada polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. Deberá darse traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras para o seu cumprimento e corrección no futuro, e na medida do posible, dos defectos de instrucción do expediente postos de relieve na devandita sentenza. c) A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 265/ 2004, promovidos por D. Edelmiro Lede Noya contra expediente sancionador nº 84/04, incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. O Xulgado do Contencioso estima integramente o recurso, anulando a sanción imposta consistente nunha multa de 3.000 ¤ e a demolición dun muro de perpiaño. A defensa do asunto na vista foi levada polos Servizos Xurídicos de Secretaría Xeral. Deberá darse traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras para o seu cumprimento e corrección no futuro, e na medida do posible, dos defectos de instrucción do expediente postos de relieve na devandita sentenza. ------ Folla: 19.12759.- RECTIFICACIÓN DE ERRO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 30-07-04 EN RELACIÓN COA AXUDA DE LIBROS DE TEXTO A BENEFICIARIO DE REDONDELA - 2004 De conformidade coa proposta do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade rectificar o acordo da Xunta de Goberno de 30-07-04, ó advertir erro na concesión ó concello de Redondela dun total de 7.003,00 ¤, no alumno César Lillo González ó que se concederon 85,00 ¤ cando deberían ser 120,00 ¤, existindo por tanto unha diferencia de 35,00 ¤, e procedendo en consecuencia a tenor no disposto no artigo 105 da Lei 30/92 de 26/11 de Procedemento Administrativo, rectificar a suma concedida que ascendería a un total de 7.038,00 ¤, correspondendo á Deputación 4.140,00 ¤ e ó concello 2.898,00 ¤. ------ Folla: 20.12760.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA ALUGUER DUNHA PLATAFORMA HOSTING PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Xefe de Proceso de Datos para a contratación do alugamento dunha plataforma de Hosting, por un período de vinte e catro meses prorrogables por doce máis, cuxo custo se estima na cantidade máxima de 41.000,00 ¤ por anualidade, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental de data 18 de xaneiro do 2005 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán dito concurso, e vistos así mesmo, o documento RC de data 13-01-05 e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 26 de xaneiro de 2005. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente do Concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, do "Alugamento dunha plataforma de Hosting", por un período de 24 meses prorrogables por outros doce, por un tipo máximo de licitación de corenta e un mil euros (41.000,00 ¤) por anualidade, IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade autorizar dito gasto con cargo á partida 05/132.121.206.00 e aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación do referido alugamento, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Dito Prego de cláusulas económicas-administrativas é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUNHA PLATAFORMA DE HOSTING PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. 1.- OBXECTO.- A Deputación de Pontevedra ofrece na actualidade un gran número de servizos por Internet a través do seu portal www.depontevedra.es. Para mellorar e incrementar os servizos que se prestan a través deste medio, a Deputación de Pontevedra plantexa aportar cambios a súa actual infraestructura Internet. Para iso resulta necesario o ALUGAMENTO DUNHA PLATAFORMA DE HOSTING (espacio de aloxamento de todas as webs, bases de datos externas, correos electrónicos, etc., a cargo desta Deputación), que permitirá mellorar a súa infraestructura cos seguintes obxectivos: · Aumentar a capacidade de tratamento para soportar un maior número de consultas. · Mellorar a dispoñibilidade do servizo. · Aportar máis valor nos servizos do portal. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/132.121.206.00 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase unha vez recibidas as facturas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. A facturación efectuarase por períodos trimestrais con data do mes central de cada trimestre. 4.-PRAZO.- O proxecto haberá de ser executado no prazo que figure na oferta seleccionada e, en todo caso, no prazo máximo de: -30 días desde a adxudicación polo que respecta á entrega da estructura de hosting -45 días desde a entrega polo que se refire ó final da migración da web. 5.- DURACIÓN DO CONTRATO.- Terá unha duración de 24 meses prorrogables por outros doce. O contrato terá vixencia a partir do día 1 de xaneiro de 2005 e o adxudicatario virá obrigado a aboar ó actual provedor de hosting os importes do aloxamento ata completar o proceso de migración. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de corenta e un mil euros (41.000,00 ¤), IVE incluído, anuais. 7.-REVISIÓN DE PREZOS.- O prezo será revisable cada año, admitíndose como máximo un incremento anual igual ó IPC aprobado oficialmente. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais o xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (RDL 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Si o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do RD 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DUNHA PLATAFORMA DE HOSTING PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Cada licitador soamente poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO ALUGAMENTO DUNHA PLATAFORMA DE HOSTING PARA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fora persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha de elas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, deberá ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario u organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do TR da Lei de Contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais u homologados encargados do control de calidade e que acrediten conformidade do vehículo a subministrar con referencia a certas especificacións ou normas. f) Descricións e características técnicas do vehículo recolector de residuos sólidos a subministrar, así como catálogos do mesmo. 11-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen de