Cover Image
Compartir este registro

Despacho no que se acha inserida a Sentenza do preito que disputou Don Benito Varela y Salnés sobre o Patronato e reparación das Capelas Maiores

Institution: Arquivo Deputación de Pontevedra
Signature: 34.365/3
Author/Creator: Pazo da Buzaca. Familia Varela
Description: 1 expediente ou agrupación documental. 4 follas
Format: File
Language: Spanish
Published/Created: 1673-1753
Summary: Beneficio curado de San Martiño de Gargantáns e o seu unido San Lourenzo de Moraña. Documento 1. Despacho do señor Provisor de Santiago nos que se acha inserida a Sentenza que se deu e pronunciou no preito que disputou Don Benito Varela y Salnés sobre o Patronato e reparación das Capelas Maiores das Igrexas parroquiais de San Martiño de Gargantáns e San Lourenzo de Moraña, seu anexo, con Pedro González de Fixo, Marín Rico e outros consortes que se libreron para o cumprimento do que dita sentenza contén e notificaron ás partes interesadas que tivo principio ante dito provisor no ano de 1673. Polo oficio de Guiraldes. Contén os requerimentos, citacións e notificacións relativas. Datas: 1675, xullo, 22. Santiago de Compostela-1675, setembro, 17. San Lourenzo de Moraña. Documento 2. Copia da Renta de eclesiásticos. San Martiño de Gargantáns. Contén un índice onde se recollen os seguintes individuos e institucións eclesiásticas: Don Gerónimo Fariña; Capela de Santa Apolonia; Convento de Santa Clara; Capela de San Francisco de Asis; Capela da Nosa Señora do Socorro; Don Melchor da Silva; Don Pedro González; Don Pedro Rubio Parcero; Fabrica desta freguesía; Felipe José de Verea, cura de San Salvador de Saiáns; Cavildo de Santiago e Don Pascual Antonio de Ruibal. Data: 1753, xuño, 30. San Fins de Lois-1753, xullo, 16. Santa María de Cardama.