Cover Image
Compartir este registro

Documentación variada en relación ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil

Institution: Arquivo Deputación de Pontevedra
Signature: 34.369/1
Author/Creator: Pazo da Buzaca. Familia Varela
Description: 1 expediente ou agrupación documental. 375 follas
Format: File
Language: Spanish
Published/Created: 1698-01-09/1848-11-13
Summary: Beneficio curato de San Mamede de Amil. Documentos varios do devandito beneficio curado. Contén: -- Documento 1. Relación de obrigas e fundacións de misas relacionadas co Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Anos de 1676 a 1712. 9 follas. -- Documento 2. Instrumento -escritura- de doazón orixinal a favor de Don Palcual Fariña da presentación de San Mamede de Amil que parou por ante Gerónimo Silva, escribano, cuxas notas paran no oficio de Pedro Chan e Caldas, escribano de número de Pañaflor, veciño de Santa Xusta de Moraña. Data: 1698, xaneiro, 09. San Lourenzo de Moraña. 3 follas. -- Documento 3. Conxunto de sete escrituras -cosidas- de foro outorgadas polo Licenciado Don Juan de Piñeiro, cura que foi de Amil, de varios bens e rendas, as cales deben percibir os seus sucesores como propia do Igrexario desta parroquia. Inclúe documentos soltos relacionados cos aforamentos realizados polo cura de Amil. Estos aforamentos son a favor de: *María Gago, Dionisia Gago e consortes, a cuarta parte da herdade de Fonte Pereira. Data: 1702, xullo, 05. *Juan de Ruibal e Silvestre de Cobas e consortes, a veiga da "Piza". Data: 1702, xullo, 05. *Gregorio, Antonio, Salvador, Juan e Francisco de Barro, a veiga de "Fixó". Data: 1702, xullo, 03. *Francisco e Antonio Ruibal e Juan e Domingo Núñez e demais consortes, a veiga das Maiceiriñas, Panicería e Canto da Barcia. Data: 1702, xullo, 03. *Alberto Trigo, Blas Fariña e cosortes, a herdade e veiga da "Cheda". Data:1702, xuño, 01. *Andrés Ruibal, a cuarta parte da veiga de "Fixó". Data: 1702, novembro, 14. *Bartolomé García e Juana Caneda, a veiga "Rabo do asno". Data: 1702, xullo, 03. *Juan e Domingo Piñeiro, catro leiras na veiga de Parada. Data: 1702, xullo, 05. *Francisco Bayón, "10 codos de ancho e outros tantos de longo". Data: 1706, marzo, 24. 34 follas. -- Documento 4. Copia da sentenza do Beneficio Curado de San Mamede de Amil no ano 1659, pertecente ao preito entre Amaro de Erosa e Juan da Costa, seu acumulado, dunha parte e da outra Bernardo de Barros e Baltasar de Pravia, tamén acumulado. Data:1706, xullo, 14-1706, xullo, 15. Santiago de Compostela. 7 follas. -- Documento 5. Memoria de doazóns e persoas que doaron para o Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Inclúe peticións ou suplicas e autos de Francisco Ventura, no nome do Licenciado Don Benito de Ruibal Fariña, e de Francisco Antonio Ramos, en nome de Gerónimo Barros, en relación ao preito referido ao devandito beneficio curado. 1706, novembro, 03-1706, novembro, 12. 8 follas. -- Documento 6. Sentenza da Real Audiencia pola cal se concede a carta de título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil ao Licenciado Don Benito Ruibal Fariña, tras o preito mantido entre este e o Licenciado Don Gerónimo de Barros. 1707, abril, 02-1707, maio, 13. Santiago de Compostela. 27 follas. Ademais, contén interrogatorio ás testemuñas presentadas polo Licenciado Benito de Ruibal, Don Antonio Fariña Docampo, reitor de San Pedro de Rebón, e Don Juan Álvarez de Ruibal no preito que manteñen co Licenciado Don Gerónimo de Baros e Don Bernardo Núñez pola colación e provisión do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 19 follas. -- Documento 7. Petición de Guillermo Fariña no preito referido ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Inclúe certificacións e notificacións relacionadas. Data: 1757, decembro, 12. 6 follas. -- Documento 8. Carta de título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil a favor do Licenciado Don Antonio de Verea y Aguiar. Inclúe petición de resolución negativa da apelación presentada contra o nomeamento de Don Antonio de Verea y Aguiar como posuidor do devandito título. Datas: 1758, xullo, 28-1759, xaneiro, 27. Santiago de Compsotela. 6 follas. -- Documento 9. Publicación impresa en latín coa lenda "RPD de Zelada Compostellana Parochialis" e na que se cita a Felipe de Verea y Aguiar e a José Varela de Novoa entre outros, en relación ao Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Data: 1760, xullo, 04. Roma. 4 follas. -- Documento 10. Testamento codicilo e última vontade que dispuxo Don Antonio de Verea, cura de San Mamede de Amil á súa morte no 26 de xaneiro de 1810. Data: 1806, xullo, 11-1810. 10 follas -- Documento 11. Padroádego de San Mamede de Amil. Documentos correspondentes á posesión, uso e aproveitamento que os curas reitores da Parroquía de San Mamede de Amil teñen das augas da fonte de Espino e outra que nace máis arriba a monte aberto, sobre que se lle intentou perturbar, como o franqueo do Camiño de Carro público, e xeral que por alí da tránsito á igrexa e luar da devandita parroquia. Data: 1815, xuño, 03. Couto de Amil. 6 follas. -- Documento 12. Título do Beneficio Curado de San Mamede de Amil expedido a favor de Don Pedro Velay a presentación de Don Benito Ramón Varela, dono da Casa de Buzaca. Inclúe a "acta" de posesión do cargo e a Profesión de fe e xuramento de lealdade (impreso en latín). Datas: 1818, marzo, 7-1818, abril, 08. 9 follas. -- Documento 13. Relación de debedores por efectos comprados na Almoeda de Anido? e Relación dos que pagan rendas por bens que foron de Don Pedro Velay, cura de Amil. Contén "pagarés". Datas: 1831, xullo, 20-1848, novembro, 13. 17 follas. -- Documento 14. Memorial dos patróns do Beneficio Curado de San Mamede de Amil presentados por parte do Licenciado Juan Piñeiro. Ademais contén un documento simple coa lenda "Patróns e troncos que saíron declarados por titulares no Beneficio Curado de San Mamede de Amil nas sentenzas dos anos seguintes: 1513-1707. S/D [posterior a 1707]. 29 follas. -- Documento 15. 26 árbores xenealóxicas, do curato de Amil e Rebón, iniciadas ou pertencentes a: *irmáns da Fonte. *Papeis pertencentes ao curato de Amil. Árbore xenealóxica de Rodrigo de Ruibal *Rodrigo Capón *Juan Blanco *Gregorio de Balboa *irmáns do Ruibal *Gregorio Almofrey *Alonso Almofrey *Rodrigo Capón *Alonso e Juan de Ruibal *María de Cosoirado e dos irmáns Blanco *Rodrigo de Barro e Juan de Sorrego *Aparicio de Caneda e Magdalena de Balboa *Constanza Crespo *Marcos de Ruibal *Juan de Sorrego e Mariña Fariña *Juan de Sorrego *Juan Davilla Coba *Juan de Balboa e Elena González *Irmáns de Balboa e Elena González *Rodrigo Almofrey *Juan de Loureiro *Pedro dos Santos *Papeis sobre o curato de Rebón. Árbores xenealóxicas de Alonso e Benito de Ruibal *Aparicio de Ruibal e Magdalena de Balboa Data: S/D. 26 follas -- Documento 16. Interrogatorio ou probanza ás testemuñas presentadas polo Licenciado Juan Álvaro de Ruibal, vicario de San Salvador de Camanzo, para o preito mantido co Licenciado Juan de Piñeiro, veciño de Amil, a respecto do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 20 follas. -- Documento 17. Probanza do Licenciado Juan de Pintos sobre o Beneficio Curado de San Mamede de Amil. S/D. 56 follas. -- Documento 18. Documentación relacionada cos interrogatorios realizados ás testemuñas presentadas polos opositores á posesión do Beneficio Curado de San Mamede de Amil. Contén varios interrogatorios diferentes a testemuñas achegadas por distintos candidatos. S/D. 79 follas.